quarta-feira, 11 de maio de 2022

Primeiro mes en Lisboa

 Boas tardes, tras un mes de estadía en Lisboa podo afirmar que esta cidade é preciosa e magnífica.

Durante os primeiros días en Lisboa visitei algúns lugares clásicos da cidade, como poden ser a Torre de Belem, o Castelo de San Jorge... Ademais destes lugares tamén tiven a oportunidade de visitar as zonas cercanas como poden ser a cidade de Cascais e a cidade de Sintra. Algúnhas imaxes que tomei durante as visitas foron as seguintes:

Fonte de Alameda

Torre de Belem

Vista dende Castelo de San Jorge

Durante as seguintes semanas puden disfrutar dalgunhas boas experiencias tanto no traballo como durante o meu tempo de ocio. Algunhas das cousas que fixen foron visitar a costa de Caparica, facer surf nesta mesma e visitei outras zonas da cidade como pode ser a zona de Barrio Alto ou parque de Campo Grande.

Apunto de facer surf

Antes de finalizar o post quería facer unha pequena reflexión sobre a miña experiencia. Para comezar, a calquera persoa que finalice o ciclo recoméndolle vivir a experiencia do erasmus. Ó principio pode custarche un pouco acostumarte a situción de estar lonxe da túa familia e amigos, e eso que eu estou relativamente cerca, pero unha vez empeces a coñecer xente empezas a vivir algo que nunca sentiras. Non sei como explicalo posto que é algo que hai que vivir pero eu diría que te sintes como o primeiro día que sales de festa. O principio sínteste raro posto que hai moitos desconocidos, luces, ruido e demais que nunca viras, e non sabes o que pode pasar. Pero unha vez te acostumas o ambiente e a xente todo empeza a fluir.

Con todo o anterior e para finalizar, o único que podo decir e que o probedes, e non vos quededes encerrados senón que salades da zona de confort e coñezades xente nova que nadie vos vai matar, nin comer.

2 comentários:

  1. Moitas grazas emilio por contarnos a túa experiencia nunha cidade tan bonita como é Lisboa e a súa contorna.

    ResponderEliminar
  2. Alégrome moito de que esteas aproveitando esta experiencia non solo no ámbito técnico e da empresa senón tamén a nivel persoal. Moitísimas grazas polo teu artigo!! Ánimo na recta final.

    ResponderEliminar