quinta-feira, 7 de maio de 2020

Prácticas no estranxeiro Erasmus+ primeiro semestre 2020

Despois de meses de traballo organizando 22 mobilidades que ían ter lugar ó longo deste semestre, finalmente só se puideron realizar 7 :
  • 6 estadías de estudos en Portugal de alumnos do ciclo SMR, 2 en Lisboa, 2 en Braga e 2 en Viana.
  • 1 estadía de recén titulado en Oporto (Portugal).

Planificáronse 15 estadías máis que tiveron que cancelarse por motivo da pandemia causada por Covid-19:
  • 4 mobilidades de profesorado, unha delas en Dublín (Irlanda), unha en Lisboa (Portugal) e dúas en Turín (Italia).
  • 5 mobilidades en Portugal para a realización da Formación en Centros de Traballo do alumnado que cursa o ciclo SMR, en Lisboa e Oporto.
  • 6 mobilidades para a realización da Formación en Centros de Traballo do alumnado que cursa os ciclos superiores de ASIR, DAW e DAM, nas cidades de Birmingham (Reino Unido), Londres (Reino Unido), Lisboa (Portugal), Porto (Portugal), Göteborg (Suecia) e Dublín (Irlanda).

Estamos á espera de saber como evoluciona a pandemia e cando será seguro para o noso alumnado volver a disfrutar das oportunidades que nos ofrecen as bolsas Erasmus+.
Grazas a este programa de axudas, o noso alumnado pode vivir uns meses noutro país, o que supón unha experiencia única non só porque poden coñecer de primeira man como se vive alí senón tamén porque se integran nunha empresa do sector e poñen en práctica os coñecementos adquiridos no instituto. Ademais mellora o seu nivel de coñecementos da lingua do país visitado.