PREPARANDO O ERASMUS A ROMA
Unha vez teñades estes datos, é o momento de poñerse a buscar aloxamento e investigar un pouco a cidade antes de iniciar a viaxe.
Unha vez o propietario acepta a solicitude, Erasmusu proporciona os datos do arrendador para que poidas poñerte en contacto con el.
- Leva algo de efectivo, xa que aquí hai moitos sitios nos que non admiten pagos con tarxeta.
No caso de que necesites retirar algo máis, eu utilicei os caixeiros Unicredit, non sei se depende do banco do que sexas, ou tipo de conta que teñas contratado co teu banco, pero eu son de Abanca e ningunha das veces me cobraron nada de comisión. Aínda así saca o suficiente de cada vez para non ter que retirar máis do necesario, e evitar os posibles sustos. - Se a túa é unha estadía longa, plantéxate a posibilidade de comprar unha tarxeta prepago de forma temporal mentres permanezcas no país, xa que pode que moitas veces non teñas cobertura e, aínda que é posible vivir sen rede, é moito máis cómodo, sobre todo se tes pensado aventurarte a ver pequenos lugares fora da cidade de Roma.
Como o meu Erasmus era só de dous meses non comprei a tarxeta, pero as miñas saídas a fora da cidade necesitaban unha previa e extensa preparación de rúas e horarios, polo que recomendo adquirila, xa que é moito máis cómodo e seguro ter un mapa, horarios de trens, etc. aos que poder consultar.
- O perigo número un en Roma (e en xeral en todas as cidades de Italia nas que estiven) son os semáforos e pasos de peóns. Aquí o tráfico en xerál é unha locura, todo o mundo ten moita presa e necesita conducir polo centro da cidade a 120 km/h, zizaguear outros coches e incluso ás persoas para chegar a tempo 😔, polo que 👀MOITO OLLO👀 ao saír a rúa, por moito que o semáforo estea en verde mira varias veces antes de cruzar e faino o máis rápido posible.
Non te asustes se che pitan por cruzar en verde, os coches italianos teñen máis cerca o clason que o pedal do freo. - Ao marxe do tema do tráfico, considero que Roma é unha cidade segura (hai polizia, carabinieri, exército, etc. prácticamente en cada esquina). Obviamente é necesario saber que estás nunha cidade descoñecida e que hai que actuar con cabeza e non confiarse demais (estar pendentes do bolso no metro... e o típico de todas as cidades), pero tampouco andar con medo pola rúa, xa que polo xeral aquí a xente é moi aberta e familiar, e probablemente te atopes con algún descoñecido que se poña a falar contigo ou se ofrezca a enseñarche algún sitio emblemático da cidade e pode que de primeiras se che faga raro, pero, en xeral, é a súa forma de ser.
- Se viaxas en época estiva (case se pode dicir dende Maio) é imprescindible meter na túa maleta unha gorra, gafas de sol e un pareo.
- En Roma hai moitas "fontanella"s con auga potable pola rúa, xa que seguen a utilizar os antiguos acuedutos romanos, polo que sempre estará fresca. Compra unha botella e reutilizaa cantas veces necesites, pero nunca te olvides de levala contigo xa que con certas temperaturas faise extremadamente necesario.
- Moitas igrexas e sitios de interese teñen un código de vestimenta, e para poder entrar hai que respetalo. Polo xeral é suficiente con tapar hombros e parte superior da perna, pero con estas temperaturas tan extremas faise moi difícil o uso de vestimenta que se ciña a ditas normas.
En moitos sitios ofrecenche un pano para taparte e así poder acceder, en outros non, polo que aconsello meter na maleta roupa lixeira ou un pano que botar por riba dos hombros. - Roma é unha cidade para percorrer a pé, xa que é un museo ao aire libre. Pero se tes pensado coller o metro, tren ou autobús, hai uns billetes que se chaman BIT que costan 1'5€ e permiten subir unha vez ao metro ou tren, ou 100 minutos en autobús. Podense adquirir en moitos quioscos da cidade, estancos ou na propia estación.Tamen hai bonos de 24h, semanal, etc. Pero se tes pensado recorrer todos os recunchos da cidade a pé e só coller o transporte público cando sexa imprescindible a mellor opción é BIT sinxelo.
- Museo Montemartini
- Museos Capitolinos
- Museo Ara Pacis
- Museo de Roma - Palacio Braschi
- Castelo de Sant'Angelo
- Cerveteri: con unha antiga necrópoli etrusca perfectamente conservada, e unha ruta a pé polo bosque e cascadas preto da necrópoli.
- Ostia Antica: antiga cidade portuaria romana coa que te podes facer unha idea da vida antiga.
- Bomarzo: no que podes ver o Sacro Bosco ou parque dos monstruos, polas numerosas estatuas de pedra que esconde.
- Santa Severa: e bañarse na praia ao lado dun castelo.























.jpeg)



















.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)








