PREPARANDO O ERASMUS A ROMA
Xa case estou a rematar o meu Erasmus e a verdade é que se me fixo moi curto... Seguramente me queden moitas cousas por descubrir, pero penso que con todo o aprendido é un bo momento para facer unha pequena guía para futuros erasmus, pero tamen para a xente que queira visitar esta gran cidade 🤩
Unha vez teñades estes datos, é o momento de poñerse a buscar aloxamento e investigar un pouco a cidade antes de iniciar a viaxe.
Recomendo facer un pequeno "recorrido" a través de Google Maps, para ver donde está a empresa, que hai preto e donde están as paradas de metro, bus, etc.
Para buscar aloxamento eu utilicei a páxina Erasmusu. Esta páxina ofrece aloxamento, non só en Italia, para estudiantes a corto e longo prazo, ademáis de un foro donde estudiantes de todo o mundo contan a súa experiencia.
Erasmusu fai de intermediario entre o propietario e o inquilino, polo que se fai máis fiable que outras páxinas estilo "milanuncios", "idealista", etc.
Unha vez o propietario acepta a solicitude, Erasmusu proporciona os datos do arrendador para que poidas poñerte en contacto con el.
Unha vez o propietario acepta a solicitude, Erasmusu proporciona os datos do arrendador para que poidas poñerte en contacto con el.
MOI IMPORTANTE! A partir do primeiro día de entrada dispós de 24h para ver que o aloxamento cumpre exáctamente con todo o ofertado na páxina web. De non ser así, debes poñerte en contacto co propietario e, a ser posible, chegar a un acordo. No caso de non ser posible, contacta con Erasmusu que xestionará a devolución do depósito e dará unha solución temporal á tua estadía mentres non atopas outro aloxamento que cumpra as condicións.
PREPARÁNDOSE PARA SAÍR:
- Leva algo de efectivo, xa que aquí hai moitos sitios nos que non admiten pagos con tarxeta.
No caso de que necesites retirar algo máis, eu utilicei os caixeiros Unicredit, non sei se depende do banco do que sexas, ou tipo de conta que teñas contratado co teu banco, pero eu son de Abanca e ningunha das veces me cobraron nada de comisión. Aínda así saca o suficiente de cada vez para non ter que retirar máis do necesario, e evitar os posibles sustos. - Se a túa é unha estadía longa, plantéxate a posibilidade de comprar unha tarxeta prepago de forma temporal mentres permanezcas no país, xa que pode que moitas veces non teñas cobertura e, aínda que é posible vivir sen rede, é moito máis cómodo, sobre todo se tes pensado aventurarte a ver pequenos lugares fora da cidade de Roma.
Como o meu Erasmus era só de dous meses non comprei a tarxeta, pero as miñas saídas a fora da cidade necesitaban unha previa e extensa preparación de rúas e horarios, polo que recomendo adquirila, xa que é moito máis cómodo e seguro ter un mapa, horarios de trens, etc. aos que poder consultar.
ROMA:
- O perigo número un en Roma (e en xeral en todas as cidades de Italia nas que estiven) son os semáforos e pasos de peóns. Aquí o tráfico en xerál é unha locura, todo o mundo ten moita presa e necesita conducir polo centro da cidade a 120 km/h, zizaguear outros coches e incluso ás persoas para chegar a tempo 😔, polo que 👀MOITO OLLO👀 ao saír a rúa, por moito que o semáforo estea en verde mira varias veces antes de cruzar e faino o máis rápido posible.
Non te asustes se che pitan por cruzar en verde, os coches italianos teñen máis cerca o clason que o pedal do freo. - Ao marxe do tema do tráfico, considero que Roma é unha cidade segura (hai polizia, carabinieri, exército, etc. prácticamente en cada esquina). Obviamente é necesario saber que estás nunha cidade descoñecida e que hai que actuar con cabeza e non confiarse demais (estar pendentes do bolso no metro... e o típico de todas as cidades), pero tampouco andar con medo pola rúa, xa que polo xeral aquí a xente é moi aberta e familiar, e probablemente te atopes con algún descoñecido que se poña a falar contigo ou se ofrezca a enseñarche algún sitio emblemático da cidade e pode que de primeiras se che faga raro, pero, en xeral, é a súa forma de ser.
- Se viaxas en época estiva (case se pode dicir dende Maio) é imprescindible meter na túa maleta unha gorra, gafas de sol e un pareo.
- En Roma hai moitas "fontanella"s con auga potable pola rúa, xa que seguen a utilizar os antiguos acuedutos romanos, polo que sempre estará fresca. Compra unha botella e reutilizaa cantas veces necesites, pero nunca te olvides de levala contigo xa que con certas temperaturas faise extremadamente necesario.
- Moitas igrexas e sitios de interese teñen un código de vestimenta, e para poder entrar hai que respetalo. Polo xeral é suficiente con tapar hombros e parte superior da perna, pero con estas temperaturas tan extremas faise moi difícil o uso de vestimenta que se ciña a ditas normas.
En moitos sitios ofrecenche un pano para taparte e así poder acceder, en outros non, polo que aconsello meter na maleta roupa lixeira ou un pano que botar por riba dos hombros. - Roma é unha cidade para percorrer a pé, xa que é un museo ao aire libre. Pero se tes pensado coller o metro, tren ou autobús, hai uns billetes que se chaman BIT que costan 1'5€ e permiten subir unha vez ao metro ou tren, ou 100 minutos en autobús. Podense adquirir en moitos quioscos da cidade, estancos ou na propia estación.Tamen hai bonos de 24h, semanal, etc. Pero se tes pensado recorrer todos os recunchos da cidade a pé e só coller o transporte público cando sexa imprescindible a mellor opción é BIT sinxelo.
RECOMENDACIÓNS:
- O primeiro Domingo de cada mes a maioría dos museos de Roma (e algunha actividade máis) son gratis!! Prepara un itinerario e levantate cedo para poder visitar o máximo que poidas, xa que hai moitos con cousas incribles que ver.
Aquí deixo algún museo gratis, pero seguramente haxa algún mais:
- Museo Montemartini
- Museos Capitolinos
- Museo Ara Pacis
- Museo de Roma - Palacio Braschi
- Castelo de Sant'Angelo
Os museos anteriores soen ter unha tarifa reducida para menores de 25, ou incluso gratuita o resto dos días para menores de 18. A maiores dos anteriores, hai algún museo máis gratuíto todos os días do ano.
- O último Domingo de cada mes son gratis os museos Vaticanos!! 😄 A última entrada gratuíta soe ser ás 12:00 da mañá, polo que prepárate para madrugar.
- Anímate a facer algún free-tour, xa que por aquí hai moitos en distintos idiomas. Levarante polos sitios emblemáticos da cidade, aprenderás sobre ela e coñeceras xente diferente coa que interactuar.
Nestas páxinas hai moitos tours e excursións interesantes, pero en Roma vaias a donde vaias atoparaste a un guia turístico ofrecendo unha aventura diferente.
Recorda! que ainda que sexan free-tours está ben darlle algo ao final do percorrido ao teu guía polo seu gran traballo ;)
- Atrevete a coller o tren e facer algunha escapada a algunha cidade veciña. Non só Roma é unha cidade espléndida, descubrirás mais sitios non tan coñecidos de Lazio que te sorprenderán.
Podo recomendar algún a poucos kilómetros de Roma como poden ser:
- Cerveteri: con unha antiga necrópoli etrusca perfectamente conservada, e unha ruta a pé polo bosque e cascadas preto da necrópoli.
- Ostia Antica: antiga cidade portuaria romana coa que te podes facer unha idea da vida antiga.
- Bomarzo: no que podes ver o Sacro Bosco ou parque dos monstruos, polas numerosas estatuas de pedra que esconde.
- Santa Severa: e bañarse na praia ao lado dun castelo.
- Busca actividades culturais fora das típicas turísticas. Poderás atoparte con un concerto nun castelo, antigos romanos pola rúa ou unha película ao lado do Coliseum...
Seguro que me quedan moitas cousas por recomendar, pero o máis importante:
Non quedes na habitación e aproveita cada segundo para vivir esta maravillosa experiencia!!
Moitas grazas pola túa mensaxe Lidia e grazas por toda a información que aportas. Que ben que esteas a desfrutar tanto. Parabéns.
ResponderEliminarA guía fantástica e vainos servir de gran axuda a todos :) . Con que compañía telefónica tes o móbil? Pregúntoo pola pouca cobertura. É certo que ABanca non cobra por sacar diñeiro no estranxeiro, pero outros bancos si e ahi que informarse. Que especial que haxa fontes de auga potable!
ResponderEliminarA miña compañía telefónica é R, non sei se isto pasa con todas ou só con R, pero en caso de ter demasiados problemas ca rede o máis fácil e seguro é que se adquira unha tarxeta prepago de forma temporal.
EliminarAínda que non é imposible vivir sen internet, faise moito máis cómodo sobre todo cando estás nun sitio que non coñeces.
Moitas grazas por todo, espero que sirva de axuda :)
Alégrome moitísimo de que esteas aproveitando a tope e disfrutando da experiencia!
ResponderEliminarQue luxo de guía!! Grazie mille!!
ResponderEliminar