sábado, 9 de julho de 2022

Experiencia Inicial en Braga, Portugal

Os primeiros días en Braga están sendo interesantes e á vez algo estresantes, e serei breve porque non hai moito que contar polo momento.

En primeiro lugar estoume atopando unha experiencia curiosa no traballo, e é que estou resolvendo, usando as ferramentas que sei, un problema da Cruz Vermella de Braga (o edificio da última foto amosada): mostrar gráficos de datos que eles mesmos ou ben teñen gardados nunha base de datos ou ben queren introducir nun formulario. En si é unha extensión do que realizo normalmente no meu tempo libre, co obxectivo de ganar diñeiro, pero sei que a nivel de CV me axudará ter escrito que traballei con eles e que seguín aprendendo e practicando resolución problemas.


En segundo lugar está a experiencia de convivir en piso e organizar gastos, o cal calculo que non me supoñerá demasiado problema grazas ás axudas que se organizaron para min, das cales estou moi agradecido - e como é diñeiro público que a xente que lea isto non se corte en opinar sobre a miña instancia ou a miña labor - pero como consumo o que considero cantidades algo altas de recursos (comida) pois necesito atopar maneiras de ganar diñeiro realizando a mesma labor: resolver problemas dando solucións en forma de páxinas web ou aplicacións. E a convivencia no piso no que estou está sendo o que calculei que é normal e non vou entrar en detalles, pero as vistas dende a miña habitación, tal e como se poden ver na foto de enriba, son espectaculares para o meu gusto.

Como vedes tratei de ser honesto e breve, pero non significa que sexa unha mala experiencia, ao contrario, está sendo unha experiencia enriquecedora, e grazas a esta oportunidade estou tamén socializando en formas nas que me sinto mellor que de noite por exemplo, e seguirei facendo todo o posible para seguir crecendo como persoa aquí en Braga.

2 comentários:

  1. Obrigado, Adán!
    Parabéns pela tua vontade de crescer! ;-)

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por compartir con nós a túa experiencia. Parabéns por asumir o reto e moita sorte!

    ResponderEliminar