domingo, 2 de abril de 2017

Primeira semana en Covilhã

A nosa viaxe comeza o venres ó darnos as notas. Saímos despois de comer para Covilhã para buscar piso o sábado.
Chegamos a Covilhã á noite


 e aloxámonos nun hotel.

O día seguinte puxémonos en busca de piso e as 12 do mediodía xa encontramos un. Con dúas habitacións, salón con cheminea, 3 balcóns espazosos nos que tomar o sol, cunha praza de garaxe; e o mellor de todo; a 6 min andando do traballo. Mellor imposible.


O domingo fomos á neve que nos queda a 20 min.



O luns fómonos presentar á empresa, e explicáronos os métodos de traballo e en que consistía. Horarios e formas de traballo.


A vida por aquí está relativamente máis barata que en Galicia. Menos o combustible.

Os horarios por aquí son moi distintos, o día que chegamos eras sobre as 22:00 e xa non había onde cenar, as cociñas cerran sobre as 21:30, así que fomos o MC Donalds que cerra as 00:00.

As bebidas espirituosas son bastantes máis caras. Fomos contratar internet e temos 100mb por 20€ ó mes.

No fin de semana fomos de turismo a coñecer un pouco esta cidade.







Para o finde que ven imos para o Algarve...

Saúdos de Robert e Cristian desde Covilhã.

1 comentário:

  1. Ótimo, Cristian! Adorei o artigo. O próximo, em português ;-) para treinarem para o exame.
    Com certeza vão desfrutar imenso, vocês gostam de viajar de carro e lá há muitas zonas lindas para fazerem turismo.
    Abraços!
    Marcos.

    ResponderEliminar