Xa vai máis de un mes e aquí seguimos, vivos, e dando que roer por Dublín. O tempo pasa voando, xa estou case na metade do período de tempo que vou estar aquí e parece que foi onte cando marchei...
Dublín como cidade cidade en si non e tan grande como aparenta, xa que o principal foco turístico de esta cidade atopase no centro, e nunha semana está máis que visto o que viría sendo a cidade de Dublín (D1, D2, D3 e D4), o resto da cidade e residencial, con algunha area comercial, pero moi distinta ao que é Dublín centro.
Como podemos ver nas imaxes, a maior parte do centro esta en obras, xa que están ampliando as liñas do Luas.
Ten moitos recovecos especias, que fai que vexas a maxia da cidade, un ambiente que parece sacada dunha película, eso si, prepara unhas boas zapatillas e ponte a andar, xa que visto dende un mapa, os distintos recunchos semellan estar preto uns dos outros, pero a realidade e que gastas máis sola da pensada.
Os sitios turísticos como Temple Bar, Grafton, O´Connell Street e os distintos parques e zonas verdes, están sempre ateigadas de xente, tanto turistas como lugareños, aparte de un montón de artistas que sorprenden a todo aquel que pase por alí, cando xa como a hora da pinta, a música inunda todos e cada un dos establecementos, nun ambiente que se podería describir da seguinte maneira.
A noite irlandesa como moito prolóngase ata ás 3:00 a.m., a esa hora non atopas ningún local aberto no que continuar coa tua noite de esmorga.
No tema de necesidades básica, si es un bo amago de cociñeiro e gústache experimentar coa espiña, a mellor opción e que vaias ao Tesco, Lidl ou Aldi e merques todo o necesario para un señor banquete, o prezo será mais ou menos o que estamos acostumados polos nosos lares. Comer de restaurante e unha opción bastante cara, xa que desembolsarías o dobre ou o triplo que en España por comer o mesmo.
Os horarios das comidas son un pouco peculiares, a cuestión e levantarse cedo e preparar unha comilona terrible (os meus compañeiros almorzaron polo con patacas o forno... ), a medio dia un te con unhas galletas, un anaco de tarta ou algo para matar a fame vamos... e a noite unha cea lixeira, como en España. Eu como bo galego que son, sigo os meus instintos de encher o bandullo sempre que podo, esas regras comigo non van....
Unha vez que xa levas un tempo na cidade e te sabes desenvolver, non tes problema ningún, sénteste cómodo, podes ir a onde queiras, tes mobilidade, coma se estiveses no teu fogar en Galiza. Aprendes a lanzarte a boca do lobo, a intentar expresarte, e acabalo logrando, consegues que te entendan, de botar unhas risas intentando dicir algunha parvada en inglés inventado e sénteste ben por formar parte de algo así.
Just a month there and you already look like a 'Dubliner' speaking Galician. Enjoy your internship!
ResponderEliminar