quinta-feira, 30 de março de 2017

Chegada a Dublin - Óscar



Na miña chegada a Dublín  sentiame un pouco desorientado por que era a primeira vez que facía unha viaxe coma esta, pero tes que deixar os medos atrás e botarlle morro e valor.


Unha vez aqui, dende o aeroporto collin o autobus Airlink 747 por 6€ , que me levaba o centro da cidade. O centro da cidade esta cheo de oficinas turisticas nas que cales podes coller un mapa da cidade e solventar algunha que outra dubida, no meu caso foron eles os que me conseguiron o albergue no que me atopo agora mesmo.


Neste hostel todos os traballadores son brasileiros e moi amables, asique o chapurrear en ingles para alugar unha cama non foi preciso, bastou cunha mestura de portugues e galego que fixeron as delicias do señor. Neste albergue tes de todo, cociña, sala de xogos, sofas, wifi, baños, calefaccion... toda esa parafernalia que nos fai o dia a dia mais ameno.  Aqui atopeime con unha rapaza que casualmente era galega e deume uns consellos para que a cidade de Dublin non fose tan come-cartos.

Aos dous dias de estar aqui, afortunadamente recibin un correo de un chico, que queria que fose verlle a casa para alugarlle  unha habitación, esta foi moita sorte xa que ainda non levo unha semana e xa conseguin vivenda, algo que para moitos e moi complicado.

Tedes que ter moito ollo coas tendas, xa que moitas delas tiranse da moto e intentan estafarnos con prezos de pelicula, asique sede listos e comparade prezos e probade o que merquedes antes de sair (consello que me deu un recepcionista).

En canto ao autobus urbano ten uns prezos tamen chocantes, xa que cobran polo número de paradas que pasas, non devolven cambio (se o queres tes que ir a oficina central co billete de autobus) e non aceptan billetes, a min saleme a 2,7€ o viaxe. Outra forma de viaxar e o DART, un tren que atravesa a cidade e conecta coa periferia,  dende connell station a killbarrack o prezo e de uns 2,2€ e collendo ida e volta son 3,95€.

Un truco para aforrar neste aspecto e ir a oficina central dos autobuses e conseguir unha tarxeta que se chama LEAPcard, co cal podes aforrar algo nos teus viaxes, e beneficiaste de algunha outra cousa.



A presentación na empresa foi de 10, Hashmit o que esta a cargo de min aqui e unha gran persona, para evitar pagar o transporte conseguiume unha bicicleta e así ir a traballar gastando enerxía e non cartos. No college no que me atopo tamén me dan a comida gratis, asique unha cousa menos pola que preocuparse, as persoas que traballan na cantina en ambolos 3 campus son españoles, asique outra facilidade mais para vir aqui.

De momento non teño moita cousa que facer xa que Hashmit estes dias esta moi ocupado e quere que me instale antes de poñernos man a obra seriamente.

Pronto teredes mais noticias miñas 😘😘😘






2 comentários:

  1. Hola Oscar, bueno ya pareces el rey de Dublín, genial.
    Es la actitud perfecta para ese viaje. No cabe duda que lo vas a pasar genial y lo vas a aprovechar al máximo posible.
    Sigue contando.
    Un saludo

    ResponderEliminar
  2. Sempre o máis duro son os primeiros días, e esa proba xa a superaches con creces. Agora a disfrutar da túa estadía nunha cidade tan interesante como Dublín e, o que a fai mellor, da súa xente. Espero que os dous meses che parezan pouco e che queden tantas gañas de voltar como teño eu ;)

    ResponderEliminar