Xa finalizando o meu estágio aproveitei para fazer algunhas das visitas que faltaban na minha axenda bracarense.
Na segunda-feira tocou, como non podía ser menos, visita ao Bom Jesus do Monte. Lugar privilexiado onde pasar unha excelente xornada. Moito turista chegado de diversos lugares e con diferentes intereses. Tiven unha curiosa charla en inglés, rematada no meu primitivo italiano, cunha parella italiana moi simpática. Ao final en Braga toca comunicarse na língua que toque. Cada día unha nova experiencia, unha nova aprendizaxe.
O elevador que nos fará máis fácil chegar.
Xa baixaremos a pé.
Xa baixaremos a pé.
Ao pé do santuario
Impresionantes vistas da cidade de Braga desde o Bom Jesus
Para rematar unha xornada de turísmo de relax e toques espirituais tocaba visita á Sé Catedral de Braga.
Máis non pode quedar finalizada uma jornada bracarense sen probar algún dos seus pratos típicos. Hoje tocou alheira na cafetería Astoria. Um clásico na Praza da República.
Na terza-feira era hora de despedirme dos meus colegas na Cruz Vermelha de Braga. E dar algún retoque á aplicación web que estiven desenvolvendo. Programa para criar gráficos estatísticos a partires dos dados armazenados nunha BBDD relacional, que se pode xestionar desde o mesmo aplicativo. Vamos, un CRUD en toda regra.
Anteriormente fixera un pequeno programa para automatizar a xestión dos números de teléfono asignados das diferentes sedes da Cruz Vermelha de Braga.
Agora xa poden actualizar todos os teléfonos de xeito centralizado.
Durante o mes de agosto tamén realicei tarefas de apoio para solucionar problemas técnicos en redes e de drivers de impresoras.
Servíume moito para ampliar os meus conhecementos sobre HTML, CSS, Javascript e PHP. Así como a utilización de librarías como chart.js. Aínda quedan diversos detalles pero iso será para unha próxima versão... ;-)
Apesar de ter melhorado o português falado, ainda tenho que estudar mais para poder-me expressar por escrito. Tudo irá embora.
Non podo estar máis agradecido por vivir esta experiencia e compartila coa xente coa que coincidín.
Até logo, Braga.
Noraboa polo teu artigo, tamén por escribilo en portugués. Fotos preciosas desde o Bom Jesús. Felicitarche polo éxito da túa estadía, polo teu esforzo e por ser tan positivo. Realizaches un gran traballo na empresa!
ResponderEliminar