domingo, 2 de dezembro de 2018

Prácticas en Manchester parte 2.

Ola de novo, dispoñome a relatar o meu ultimo mes en Manchester, recoñezo que me da moita magoa que acabe, xa que en pouco tempo faste a cidade e ten un punto entrañable,
a combinación de zona industrial cás partes novas danlle un toque especial.

Sitios que visitei 

  • John Rylands Library: E unha preciosa biblioteca antiga, de finais do século XIX, chama a atención que aínda sendo unha biblioteca museo moita xente aínda a usa como biblioteca, e doado entrar e ver a xente estudando nesas mesas do século pasado, conten pezas tan únicas como o pedazo do papiro mais antigo do novo testamento o chamado “o fragmento de San Xoan”, ou unha das edicións completas da biblia de Gutenberg.

Incluso manteñen o Internet Explorer para manter esa imaxen de zona arcaica.

  • Museo da ciencia. Non podes deixar de visitar este lugar se ves a Manchester, podes atopar gran parte das maquinas que deron vida a cidade tal como se coñece hoxe en dia, máquinas de texidos industriais, antigas maquinas a vapor, e diferentes salas onde podes informarte sobre o funcionamento destas.

Locomotora The rocket 1829.
Namentras na empresa, xa coñezo mais en profundidade o framework e iso permíteme acabar antes as tarefas, xa que teñen clases para case todo, e so tes que ir chamándoas para según que cuestión. O certo é que estou moi contento e esméranse moito en ensinarme cousas novas.

1 comentário:

  1. Teño que darche a noraboa porque nuns días acabarás con moito éxito as túas prácticas en Manchester.

    ResponderEliminar