quarta-feira, 21 de novembro de 2018

Erasmus en Berlín

Boas noites,

xa pasada a metade da miña estadía aquí en Berlín podo dicir que é unha cidade incrible na que vivir, sempre podes atopar algo que facer, polo que é bastante difícil aburrirte.

O principal punto negativo que ten, é sen dubida a dificultade para atopar un aluguer decente, así como o prezo do mesmo. Por este motivo decidín encadear dous Airbnb mensuais, xa que pagando a comisión de servizo evitas ter que acudir ós famosos castings de vivenda, e a dificultade de atopar algo diminúe bastante.

A cidade esta chea de historia, e non só monumentos e museos. Basta con pasear polos distintos barrios para darse conta de que é un sitio especial, xa que debido á diferencia entre os mesmos parece que estamos viaxando no tempo en moitas ocasións.

O custo de vivir aquí (sen contar a vivenda) é considerablemente mas baixo que en outras capitais europeas, polo que saír a tomar algo pode ser moi barato dependendo da zona na que nos atopemos.

Na empresa acolleronme moi ben, e teño responsabilidades dende o primeiro día, polo que é un traballo bastante autónomo. A miña principal tarefa é facer scripts en Python para automatizar o traballo, pero tamén realizo outras tarefas, como facer de asistente de fotografía no escáner facial, polo que o traballo non se fai para nada monótono.

Test do escáner facial.











1 comentário:

  1. Xa só a foto impresiona. Que sorte poder integrarte nunha empresa dese nivel durante unhas semanas! E non digamos vivir nunha cidade como Berlín.

    ResponderEliminar