sexta-feira, 14 de dezembro de 2018

Rematando a miña estadía

Este último mes en Mimic foi moi intenso, xa que estivemos preparando unha exposición en tempo real que fixemos en Tokio.

A presentación consisteu en capturar a expresión facial de unha persoa en tempo real coa cámara frontal dun iPhone X, e animar facialmente un personaxe ultra realista que Mimic xa tiña creado. Foi un proxecto demandante para todo o equipo, xa que tivemos que facer prácticamente todo dende cero, e con un prazo de 30 días dende que nos aceptaron.

Para min foi unha honra participar neste proxecto, ainda que tamén foi moi duro. Estou moi contento tamén porque se me deran responsabilidades no transcurso do mesmo, realicei dende un script para mudar o personaxe dende Maya a Unreal, configuración de rede para a presentación en Tokio e tamén participei no proceso de decisións creativas e artísticas.

Xa sendo os últimos días sinto que foi unha moi boa decisión realizar a FTC aquí en Berlín, e en especial en Mimic, xa que sinto un gran respeto e admiración por cada un dos meus compañeiros, e sinto que eles tamén o sinten por min.


1 comentário:

  1. Alégrome moito de que fagas un balance tan positivo da túa estadía en Berlín. Creo que foi moi importante a túa actitude positiva de cara ós retos que se che foron presentando así como as túas ganas de aprender. Noraboa!

    ResponderEliminar