Quería dividir a miña experiencia en Covilhã en dous segmentos pero, desafortunadamente, non teño moitas cousas que contar, a verdade.
Estiven nunha empresa chamada Pegasi, na cal coincidín coun compañeiro de clase, o cal repetía prácticas na mesma empresa. Normalmente, isto suporía unha enorme axuda, xa que o compañeiro podería orientarme de cara as funcións da empresa, así como dos traballos a realizar, mais non foi o caso porque había pouca carga de traballo.
No referente á cidade, tiven tempo para coñecela, pero non cheguei a atopar moita cousa interesante que facer salvo subir e baixar as costas que conforman Covilhã e as casas con enormes graffitis e diferente arte urbano.
 |
Algunhas das vistas que deixa a cidade |
 |
Cando cheguei á cidade, tamén o facían os universitarios |
 |
Isto aconteceu certo dia baixo a xanela da oficina |
 |
Universitarios que atopei certa noite paseando, mentres eles gritaban e
os mais veteranos lles facían novatadas |
 |
Mercado Municipal de Covilhã |


Sem comentários:
Enviar um comentário