Estiven facendo prácticas nunha tenda de informática nunha cidade de Portugal , na Covilhã.
É unha cidade pequena, moi acolledora nunha montaña a paisaxe, as vistas fermosas.
No meu caso, estiven de prácticas nunha tenda de Informática ademais de compra e venda de produtos informáticos.
Os
que me atenderon foron os donos e xefes da tenda, Débora e João, moi
contento ca sua atención tanto o primeiro día como na miña estancia en
Portugal, axudáronme en todo o que necesitaba e incluso me invitaban a
acompañalos para coñecer a cidade xunto a eles.
Na tenda había aparte de eu, 3 estudantes en prácticas na mesma tenda, portugueses.
Tratáronme fenomenal, como un máis, por dicilo así.
Na
tenda o que máis me completou a nivel profesional, foi atender aos
clientes, é dicir traballar cara o público. Xa que nunca fixera isto e
ademais nun idioma no que non e o meu natal. Enriqueceume moito tanto
persoal como profesionalmente.
Ademais son tarefas que están
enfocadas ao ciclo que estou estudando como reparar ordenadores e
portátiles. Tamén tiven que levar o stock ou inventario. Cando se
compraba algo ou se vendía algo, engadilo ou retiralo da base de datos.
En
xeral moi contento coa miña estancia, co trato que recibín tanto das
persoas da cidade como a xente na tenda que estiven facendo as
prácticas.
Unha experiencia moi enriquecedora tanto persoalmente como profesional.
Sem comentários:
Enviar um comentário