Por fin acabei de instalarme na casa! Finalmente acabei convivindo cos meus compañeiros Román, Óscar e Ander nun apartamento da zona vella de Covilhã.
Pouco se pode dicir de Covilhã. Encontrase en estado "crepitoso" pero ten un verdadeiro encanto que che atrapa pouco a pouco. E as súas costas... Bendito aquel que puxo os ascensores!
O dia 29 de xuño (ou junho) tivemos o noso primeiro día de traballo. Un cable por aquí, outro por alá... En fin, que tiñamos RJ-45 até na sopa.
Pero non foi até o día 5 que tivemos o noso verdadeiro primeiro día de traballo. Tocounos a Ander e a min a colocación de 10 repetidores de sinal para abastecer de WiFi a toda unha feira aquí, en Covilhã. Matador? Moito, pero a experiencia non ten prezo.
Aguantar da escaleira tamén é importante! |
Pena que se fixera de noite e non puidésemos acabar a tempo. Mañá teremos que acabar o empezado así que polo de agora só nos queda descansar!
Sem comentários:
Enviar um comentário