Chegamos en bus o penúltimo día de xunio, un chisco cansos despois de unha viaxe tan longa, pero con ganas de comezar a experiencia.
Durante os primeiros días da estancia acostumamonos ao tempo, a cultura e a como movernos no transporte público, sendo o metro o que máis empregabamos. Mentras tamén aproveitabamos para facer un pouco de turismo e descubrir un pouco máis esta bonita capital.
Principalmente os días que faciamos alguna actividade ou turismo eran os fins de semana, xa que había máis tempo e non nos tiñamos que preocupar por chegar cedo ao piso para poder ir a traballar ao día seguinte. Visitamos edificios emblemáticos, museos, centros comerciais, botamos partidas na bolera e fumos un par de veces ao cine. Tamén fumos nun par de ocasións a praia e visitamos por fora os dous dos tres estadios de fútbol mais emblemáticos de todo Portugal, o do Benfica e o do Sporting de Portugal.
En torno á empresa estamos contentísimos. Estamos en Teleperformance unha empresa multinacional que conta con 5 edifícios só en Lisboa. Os dous estamos en edificios diferentes, un deles ten empresas como Supercell, Reddit, Pinterest entre otras e no outro edificio localízase TikTok. Tamén visitamos o edfício que teñen dedicado a Google.
Nos traballamos dentro do departamento de “IT”, onde nos encargamos de fallas fisicas, de red ou de software que podan ter os empregados cos seus ordenadores ou que poda ter a propia empresa. Para entrar na empresa, nas oficinas ou en calquer sala se necesita una identificación para facelo, pero como somos de IT temos unha identificación especial que nos permite entrar en moitas mais salas que os demais non poden e mola moito.
Na empresa hay un comedor con cafetería na que teñen un menú asequible con custo de 2,5€, con pan, ensalada, sopa e froita gratuíta o cal e moi bo, porque así xa non temos que traer a comida preparada de casa e aforramos tempo.
A nosa estancia esta a ser agradable. Estamos nun piso con nove habitacións onde estamos nos, e varias personas mais de distintas nacionalidades. A convivencia é boa e nolos dous nos encontramos na mesma habitación para aforrar diñeiro.
Cada día que pasa estamos mais contentos na empresa como con Lisboa. Este primer mes pasounos voando e queremos facer un montón de cousas máis.
Moi bo artigo, noraboa! Moitas grazas por compartir con nós a vosa experiencia.
ResponderEliminar