quinta-feira, 8 de setembro de 2022

Segundo mes en Lisboa

 O mes de agsoto comenzámolo con mais viaxes xa que tilñamos a tarxeta do transporte pública mensual que nos permetía poder facer viaxes ilimitados. Con esto neste mes demos unha volta por Cascais, visitámos a torre de Belem, o parque do Palacio Nacional da Pena, Setúbal, o cabo da Roca (lugar con vistas fermosas) e como pasatempo fumos a praia e visitamos os casinos de Lisboa e Estoril. O último día de Lisboa cenamos nun bo restaurante onde quedamos de maravilla como despedia.




Neste último mes na empresa acabámos facendo mais cousas xa que tiñamos os coñecementos suficientes de como funcionaben as cousas, ate o punto de que xa solucionábamos case todos os problemas que podían ter os traballadores.


Un día pedironnos se podíamos ir a un edificio antigo xa que precisaban axuda para desmontar os servidores do primer edificio que tivo a empresa localizado en Lisboa. Alí vimos un motón de componentes antigos que se usaban nos servidores de antes xunto cunha explicación bastante detallada de todo por unha das persoas que o montaron.


As dúas últimas semanas das nosas prácticas cambiamos de edificio ao City Center, o mais grande de todo Portugal e o mais importante e nel localízase Facebook. Fumos xa que necesitaban axuda para sacar a diante todo o traballo que tiñan. Estivemos no departamento de “Staging”, onde se preparan todos os ordenadores que despois reciben os traballadores. Aquí tiñamos moitas cousas que facer, como arreglar ordenadores, clasificalos, instalar todo o software cos sistemas operativos,etc..


Un día estivemos co departamento de redes vendo como arregablan os servidores e explicáronnos como funcionaba o servidor da empresa e recibimos unha visita por todo o edificio onde vimos os sistemas en case de que se vaia a luz, o de ventilación e subimos ao alto do edifício.


O último día foi como un día calquera, traballamos configurando ordenadores, resolvendo problemas, etc., en resumen, un día normal. O distinto foi a comida con algúns dos diferentes traballadores que coñecimos.


Acabamos esta viaxe o pasado 2 de septembro voltando a Galicia cun bo sabor de boca e con ganas nun futuro de volver a esta fermosa cidade.

1 comentário:

  1. Unha marabilla que pasarades o verán adquirindo experiencia na empresa e descubrindo unha das capitais máis bonitas de Europa.

    ResponderEliminar