Non sei como resumir o ben que o pasei en Braga, sen ánimo de dar ningunha imaxe fabricada neste post.
Viaxiei a Bom Jesus con xente estupenda que agora é a miña amiga, obtín contactos e oportunidades de traballo e aprendín moito, ademais de telo pasado moi ben en varias ocasións como actividades divertidas realizadas en grupo.
O edificio desa foto é a igrexa do Sameiro do día no que viaxei cos meus amigos - unha experiencia alucinante, que recomendo ter estando nun estado de felicidade. Para min esa felicidade foi ser consciente da beleza do día e da noite estando con xente á que quero e da que sinto unha cercanía profunda.
A nivel de traballo moi ben, todos encantados co que fixen, e eu tamén de sentirme útil e que o que realicei foi bo para outra xente. De feito grazas a iso ganei oportunidades de traballo, e estou pensando en irme a vivir a Portugal proximamente, así como proxectos. Mellorei nas miñas habilidades de simplificar a solución de problemas, o cal fai o traballo enteiro máis eficiente.
En canto á vivenda pois foi interesante gastar 40€ cada 10 días, que foi o límite que me puxen de media, mentras conseguía a comida que me gustaba así como comida sana, pois prioricei a miña saúde por encima de todo. O que si pois costoume manter un nivel de limpeza da piso óptimo para a caseira a pesar de telo intentado porque me gusta tamén que o lugar onde estou esté limpo, e o menciono porque o estar moi centrado no que sinto que teño que facer pois impídeme atender constantemente a outras tarefas sexan cales sexan, pero espero ter aprendido a manter máis constancia e profundidade na limpeza do lugar no que vivo sen acumular estrés.
Precioso artigo. Moitas grazas por compartir con nós eses momentos tan especiais. Alégrome moito!
ResponderEliminar