sexta-feira, 23 de julho de 2021

Estágio em Covilhã

 Estágio na empresa Pegasi, SL.

Pegasi é unha empresa mediana, que maioritaria mente traballa con outras empresas e hoteis para configurarlle as súas redes. 

O xefe pasa moito tempo fora, nas empresas dos clientes, polo tanto na oficina apenas temos traballo. 

De momento as tarefas que levamos a cabo foron, configurar un router mikrotik para darlle aceso a internet aos ordenadores cos que traballamos, configurar o wifi do router, configurar o servizo CAPsMAN e arranxar o ordenador de un cliente.







Con respecto a cidade, é unha cidade tranquila e hai moitos eventos.

O primeiro fin de semana, os da universidade de artes, fixeron varias exposicións por toda a cidade.


E esta semana comezaron as Noites de São Tiago, unha temporada de festas nas que se celebran concertos e obras de teatro de libre aceso e gratuítos.


1 comentário:

  1. Alégrome moito de que saibas aproveitar a túa estadía en Covilha para coñecer mellor a vila e a zona, o que tamén forma parte importante dunha estadía Erasmus+. Espero que a partir de agora vos asignen máis traballo. Moitas grazas polas fotos!

    ResponderEliminar