quarta-feira, 23 de outubro de 2019

Non desesperar que todo chega!

A wikipedia define a neurose coma  un trastorno que distorsiona o pensamento racional, o funcionamento social, familiar, e laboral axeitado das persoas.

A verdade é que todos nos volvemos neuróticos en algún momento. Por exemplo cando un comeza un traballo novo, múdase a un piso ou vaise vivir a outro país. E cando todo isto se conxuga, un pode volverse tarumba moi fácilmente!

Viña, durante unha boa etapa aí atrás de pensar que se as prácticas isto, ou que a empresa de turno o outro, que se o país, que se patatín e patatán. Hoxe decateime, mentres volvía á casa, de que o problema está na oficina!
Ese espazo onde pasamos un tercio da nosa vida prácticamente tódolos días.

Imaxinade isto, un mesmo traballo nunha mesma empresa. Pero nun dos casos traballas nas oficinas dunha das prantas superiores, tes boas vistas, da o sol, tes un bo escritorio, un montón de xente moi distinta coa que falar, ir tomar un café, facer amizades, compartir o xantar, rir, ir tomar unhas pintas logo do traballo e bueno, desfrutar coa xente compartindo ese tercio tan importante da nosa vida.

No outro caso, traballas no sótano, xusto de costas co xefe, os compañeiros que tes, por chamalos de algunha maneira, son tan faladores e expresivos como unha pedra sílex, a oficina é unha poronga e pasas esas 8 horas diarias só, sen comunicarte con ninguén e por riba pegado ao xefe en todo momento, coa presión de ter que demostrar que non te tomas nin cinco minutos para consultar algún diario ou responder a algún whatsapp.

En cal dos traballos vaste sentir feliz, realizado e satisfeito e en cal vaste erguer cada mañá pensando que o teu día a día é un suplicio?

Bueno! Lembrade que se estades a ler isto estades de prácticas, e o que importa é o que aprendades. Eu tiven a sorte de que me tocaron uns bos profesionais e grandes persoas no departamento de Erasmus que me axudaron todo canto puideron e máis. A verdade é que independientemente da oficina, estou aprendendo moitísimo e se ben a oficina non é o ambiente máis agradable do mundo, as prácticas están para empaparnos e aproveitar todo o que poidamos.

O consello que podo dar é que hai que traballar moito a paciencia, especialmente en determinados momentos na vida! E comprender o importante que é apostar por un bo ambiente laboral e a importancia que ten ese tercio do día na nosa vida.

Que importa se a oficina queda en casa de cristo, o importante é ter gañas de ir tódolos días!



2 comentários: