quinta-feira, 29 de agosto de 2019

Non todo é o que parece amigo!

Boas! A ver se este carallo de blogspot non me reduce a letra coma fixera no outro post. Rematou o verán e nun abrir e pechar de ollos xa se foron xullo e agosto, nunca me pasou o tempo tan rápido, boa sinal!


Nas prácticas laborais, pódeche tocar calquera cousa

No tema do traballo, logo de dous meses, sigo sen picar unha soa liña de código. O cal ten traca tendo en conta que estiven dous anos estudando programación web coma un animal, e todos os coñecementos estounos a perder día a día.
De maneira que con esta experiencia laboral, bastante decepcionante, saco un par de conclusións.

Se non estás a aproveitar as prácticas laborais, polo que sexa, ponte a outra cousa. Comeza a darlle duro ao traballo de fin de ciclo e aproveita o tempo no curro para facer tamén os teus proxectos persoais, cos que poidas elaborar un bo portfolio para poñerte a buscar traballo despois. Porque senón isto das prácticas vólvese máis un inconvinte que outra cousa.

Eu a nivel laboral, ando dende fai dous meses, a "deseñar" páxinas web, sen tocar código, básicamente modificando algo a interface dende o navegador e facendo copia e pega con paint. Como moito chego a escribir as instruccións para o desenvolvedor.


O mundo laboral da informática é unha selva
 
Os traballos especializados, é dicir, aqueles que requiren unha especialización técnica importante, coma un titulado superior de FP en sistemas, programación, enxeñeiros, etc. Permítenche acceder a un emprego "cómodo".Isto non quere dicir que vaias á empresa que vaias, te vaias rascar as narices. Isto é un pouco como a feira, cada un conta como lle foi.

E cunha formación tan técnica, é posible que atopemos traballos que nos permitan procastinar coma se non houbese mañá, e tamén outros que nos teñan estresados 24 horas ó día. Todo depende da empresa na que estemos traballando, porén, é preciso que estemos traballando en aquilo que nos guste e nos motive.

Para min o ideal, despois de pasar por empregos de todo tipo, é un traballo que che motive pero que non te moleste en exceso. Algo no que poder seguir aumentando a nosa experiencia e os nosos coñecementos, sen que te chegue a estresar (na medida do posible).

Digo eu que despois de estudar tanto, temos dereito a estar cómodos no traballo non?

Pero ollo con procastinar de máis! Porque o día de mañá que te larguen da empresa, a ver como demostramos os nosos coñecementos e a nosa experiencia nunha entrevista de traballo!


Unha grande experiencia, pero nunca o que tiñas pensado

A experiencia que estamos a facer aquí é un pouco como cando un se fai adulto.
Pasas toda a vida pensando que a vida é X e que é un camiño recto, e cando menos te das conta, o camiño que levaches ata agora ten miles de bifurcacións, e a túa vida vai ser a suma de tódalas decisións que vaias tomando durante o camiño.

Soa un pouco estresante non? Pero tamén é emocionante! xa que o feito de non ter unha vida robótica e planexada de antemán fai que sempre nos poidamos sorprender coas cousas novas que veñan.

Que importante é desenvolver unha actitude positiva na vida!


É fundamental preguntarse que é o que buscamos

Neste tolo mundo que vivimos hoxe, de crise sen precedentes do sistema capitalista, o único que vemos é cada día máis explotación, opresión e destrucción medioambiental, vamos un panorama desolador. Semella que o único que temos perante nós é un horizonte apocalíptico.

Dementres non cambiamos as cousas, e seguimos a construír a historia, como clase traballadora estamos obrigados a vender a nosa forza de traballo para poder sobrevivir.

Bueno! (diría un galego), pero eu escoitei dun coñecido filósofo chinés aquilo de "Escolle un traballo que che guste e non terás que traballar un só día".

Bueno carallo bueno! (diría outro galego). Eu persoalmente opino coma este segundo, eu traballei daquilo que soñaba, fun fotoxornalista. E non só foi un traballo esaxeradamente miserable no que nunca tiven un mínimo de estabilidade. Senón que aqueles que si conseguiron estabilidade nese traballo, aos 3-5 anos acababan coa cabeza "queimada".

Non é para menos! Todo traballo é unha obriga, e todo traballo acabase normalizando, ainda que teñamos unha gran situación económica! Ao cabo dun tempo, para nós será algo normal que xa non apreciaremos coma ó principio.

Isto non quere dicir que o traballo teña que ser unha tortura diaria! Pero é unha obriga necesaria que constitúe o eixo principal sobre o que se estrutura a nosa vida social.

A que conclusión chego eu? Pois que hai xente que vive para traballar, e hai xente que traballa para vivir.

Nós que é o que buscamos? Vivir escravizados cun traballo, e acabar convertidos en "another brick in the wall" coma dirían Pink Floyd, ou queremos un choio na medida do posible "cómodo e estable" para poder adicarnos ás cousas que realmente nos gustan?




Eu seguirei a prepararme para atopar un traballo no que poida desfrutar da programación e siga aprendendo constantemente, a clave é erguerse tódalas mañás contento e motivado, diso se trata, non?

1 comentário:

  1. Tiveches maala sorte coa empresa na que realizaches as prácticas de verán. Espero que as prácticas da FCT che cambien a visión que tes do mundo do traballo de forma positiva. Ademais as empresas necesitan bos programadores e non os atopan, ou sexa que estou segura de que no futuro cambiarás esta visión. Iso si, nada é doado e hai que loitar para conseguir as nosas metas. Non desesperes, ánimo!

    ResponderEliminar