As seisiúns ou sessions son reunións informais de xente que se xunta a tocar música tradicional nos pubs. É unha forma estupenda de coñecer xente! chegas, preséntaste, falas un pouco e veña a tocar. Os temas que sabes os tocas, os que non sabes, pois méteslle outro trago á Guinness, conversas con alguén ou tocas o máis vello dos instrumentos, o muslo!
Hughes está entre The Cobblestone e McNeill's, dos pubs máis veteranos de Dublín, e particularmente onde me atopo máis a gusto, xa que os músicos son máis amateurs aquí, coma min. O ideal é practicar algúns temas durante a semana, atopar un pub no que te atopes a gusto cos músicos e a pasalo ben, que diso se trata! Ademais entre pinta e pinta se che quita toda a vergoña!
Ademais seguramente che pedirán que toques algún tema tradicional galego. Eu ese día aproveitei para tocarlles o Antigo Himno de Galiza, nin que dicir ten que quedaron encantados! (o de verde son eu)
Vaia foto tan bonita. Que boa forma de aproveitar a estadía en Dublín fóra das horas de traballo, de coñecer á xente e a música, vaia super grupo de músicos.
ResponderEliminar