segunda-feira, 15 de julho de 2019

Estancia en Gandra, Porto

Bom dia! tudo bem? Cheguei coa idea de escribir o meu primeiro post na primeira semana de estancia para explicarvos que tal a chegada a Portugal, as miñas primeiras sensacións na empresa e demais, pero a verdade estiven bastante entretido e non atopei o momento, o tempo pasa rápido, así sen darme nin conta xa van dúas semanas aquí (25% da estancia!!!😱), así que a miña primeira sensación é que a estancia vai pasar rápido e váiseme facer curta.

Como comentaba, a miña estancia é en Portugal, máis concretamente en Gandra, a 20 minutos de Porto cara ao leste e as prácticas son na empresa BaseTx
A empresa dedícase a ofrecer un servizo completo a empresas xa sexa de sistemas informáticos (infraestrutura de redes e comunicacións para xestionar todo o sistema de información dunha empresa), administrar as súas  BD e o regulamento de protección de datos ou a xestión dos seus espazos web e o márketing dixital, todas as necesidades que teñan nos seus negocios.

O trato cos compañeiros é excelente e as instalacións a pesar de ser nova sede, na que apenas levan medio ano está moi ben equipada, con zonas habilitadas tanto para traballar como para o lecer, todo cun horario flexible e no meu caso coa vantaxe de que entre o persoal contan cun ex-alumno de IES San Clemente, o cal sempre facilita as cousas un pouco, aínda que como dixen antes, todo o persoal ten moita calidade humana e profesional.

O lugar... Gandra, é un pobo pequeno, toda a vida que ten é contorna á vida universitaria xa que conta con Universidade (CESPU) e centros de negocios pola proximidade con Porto polo que a estas alturas do ano é un lugar moi tranquilo pero con todo o necesario.

En canto á miña función aquí, ata o momento deixáronme unhas tarefas para eles ver o meu nivel e que eu vexa a súa forma de traballar, e trata sobre a administración de servidores, creación de clústers, virtualización e todo o que ten que ver con infraestruturas hiperconvergentes. Así que estou a aprender moito porque me deixan tempo para experimentar ao meu aire e probar outras configuracións que eles me piden nos servidores de test, que contan cun equipamento top.

Polo momento é todo, cóntovos máis en próximas publicacións! Un saúdo!!


P.D.: Como curiosidade, deixo unha foto de como botan a partida aquí os patróns.
(Totalmente en harmonía e equilibrio co compañeiro 😂)


1 comentário: