terça-feira, 30 de julho de 2019

Estancia en Gandra, Porto 2.0

Estancia en  Gandra, Portugal
█████████████████▒▒▒▒▒▒▒▒▒▒▒▒▒▒▒▒▒
50% completada


Moi boas! Aquí estou de novo para contar a miña experiencia a metade de camiño. Hai un mes xusto chegaba a Gandra, e parece que foi onte... 



Bueno, e vou contar máis concretamente o que estou a facer. Como comentaba no primeiro post,
estiven trasteando e testeando cos servidores para montar un clúster de máquinas virtuais que nos permitan alta dispoñibilidade e este da dereita é o esquema.


A maiores do traballo aquí na base, tamén saín con Mario (encargado de sistemas en BaseTx e antigo estudante do IES San Clemente) para a nova sede dunha empresa cliente que require de novo  equipamento. Ao chegar alí o primeiro día todo o que había era un oco con varios puñados de cables eléctricos e de rede tirados, e basicamente levamos cousas e puxemos orde, e hoxe, estivemos montando o meu primeiro rack! coas súas bandexas,  patch  panels,  switches, servidores,  UPS, ventilación... A verdade que é divertido, é como montar a torre dun ordenador persoal pero ao grande e con máis detalles, moi interesante! Adxunto unhas fotos do proceso, tamén :P




Bueno, e polo momento nada máis novo. Ata a próxima publicación! que vaia ben!

Cumprimentos

1 comentário:

  1. Adorei, Adam!
    Uma unidade didática de FH é mesmo isso, montar um bastidor ;-)
    Obrigado pela partilha!

    ResponderEliminar