Durante estes catro días mantivemos reunións sobre diversos aspectos organizativos:
- Sistema educativo irlandés e español (centrado da Formación Profesional).
- Prácticas do alumnado en Compostela e no estranxeiro (Erasmus+).
- Aproveitamento dos recursos de eTwinning.
- Desenvolvemento das seccións bilingües en inglés.
- Funcionamento das plataformas de ensino a distancia (Bacharelato/ESA e FP).
- E sobre todo, administración do sistema informático do IES.
Hashmit tamén realizou unha pequena presentación para o alumnado de ASIR: Cape Town to Dublin, to Santiago de Compostela and beyond..., falando sobre tres cidades fermosas (segundo as súas palabras), sobre a infraestrutura informática do seu centro e sobre os seus planos para mellorala.
A día de hoxe, catro ex alumnos deste ciclo realizaron a súa FCT no CDCFE baixo a súa supervisión, feito polo que lle estamos moi agradecidos. En varias ocasións louvou a boa formación e actitude do alumnado de ASIR e a súa vontade de impulsar futuras prácticas nos Colleges de Dublín.
Foi un inmenso pracer ter entre nós o Hashmit e desexamos que a colaboración entre o CDCFE e o noso IES se intensifique a raíz desta experiencia.
Hashmit comentou que a súa frase favorita en español é "no hablo español". Eu podo dicirvos en primicia cal é a primeira palabra que aprendeu en galego, ben bonita: "Rede" :-)
ResponderEliminarQueremos dar as grazas a todas as persoas que compartiron o seu tempo con Hashmit.
ResponderEliminarFoi un pracer intercambiar ideas con Hashmit e un privilexio poder coñecer en persoa aquí en Santiago ó titor de varios dos nosos alumnos na realización das prácticas de FCT en Dublín. Parece que agora Dublín está máis cerca.
ResponderEliminarFue un placer trabajar contigo. Solo tengo cosas buenas que decir sobre Santiago e IES San Clemente.
ResponderEliminar-Hashmit