quarta-feira, 16 de dezembro de 2015

FCT en berlín

Fixen a FCT en Berlín, do 25 de setembro ó 14 de Decembro.
Non me tocou mal tempo; nin vin a neve nin choveu case nada.


A FCT fíxena en Mimic, unha empresa 3D especializada en Facial Animation ubicada nun hub de start ups nun antigo Krematorium do século XIX.

O edificio do Krematorium

Os programas que máis usan os seus artistas son Maya e ZBrush, aparte de por suposto PhotoShop e After Effects.

A miña tarefa era crear interfaces en Maya para os artistas, empregando Python e as librerías gráficas de Python PyQt ou PySide.

No meu posto de traballo, con Maya e o seu Script Editor

Pódense programar scripts en Maya, pero os artistas non teñen por qué saber empregar eses scripts. Por exemplo, un script sinxelo pode ser un que dado un caracter dentro dunha escena de Maya, reducir de forma adecuada a cantidade de polígonos. O meu cometido era engadirlle a eses scripts unha interfaz (botóns, listas, menús. etc...) en PyQt/PySide para que os artistas os poidesen empregar.

Un exemplo dunha das primeiras interfaces que tiven que implementar


O ambiente en Mimic foi excelente. A xente toda encantadora, de moitos países diferentes: Grecia, Polonia, Rumanía, Italia, Suecia, Nova Celanda, Estados Unidos, Reino unido, Francia, Turquía e por suposto tamén había alemáns.


Foi o meu primeiro contacto serio con Python, e algo curioso que experimentei:
cando volvía programar en PHP, sentía a diferencia de programación entre un e outro.
Con Python o que pensaba trasladábao fácil e rápidamente. Con PHP agora, comparándoo con Python, é como ir programando por un camiño de pedras.

 


A torre da TV, en Alexanderplatz, centro da cidade.
O primeiro sitio que hai que visitar.


A vida en Berlín é fácil e non é cara. É unha cidade chea de xente nova e de arte polas rúas e pola noite.


Desplazarse en bicicleta é moi común, porque non hai costas e hai carrís bicis por toda a cidade.


E o transporte público é unha maravilla. Entre metro, tranvía, buses urbanos e trenes chegas a calquera sitio enseguida.























A comida é boa e barata. Hay Lidl como en España pero se queredes comer productos frescos podedes acudir ós mercados turcos. Alí tedes tomates, ovos, pementos e patacas boas. A comida turca é parecida a española.
Un posto turco








Sem comentários:

Enviar um comentário