Despois de tres meses en Irlanda chegamos ao noso fogar. Alá deixamos unha cultura bastante diferente á nosa, nin mellor, nin peor, diferente. Ao principio custa, como todo, pero hai que adaptarse. A comida non é moi distinga, algo máis cara e igual de peor calidade, pero hai froita como a hai en Galicia. A xente, polo xeral, vai ao seu, tanto pola rúa como no DART, que é o tren para moverse por Dublín. Unha cousa que me chamou moito a atención, e que son moi amábeis, se vas para alí, cansaraste de oír a palabra "sorry".
A empresa chamábase "Go2web" e todo foi xenial, trato, compañeiros e comidas. Había moi bo ambiente e se tiñas algún problema, intentaban axudarte de calquera maneira. Quedei abraiado do boa xente que eran. Agora ben dalgunha maneira tíñaos que compensar... Todas as mañás tomaban café instantáneo, moi malo, pero alí é o único que hai. Así que pedín a un compañeiro que me trouxera café de España, agradecéronmo mil veces, e eu tan contento por tomar café de verdade. Tamén me invitaron varias veces a típica sopa de Howth, o "chowder", probei 4 tipos de "chowder" todos moi ricos, recoméndoo. Iso si, sempre acompañado dunha Guinness.
Mentres estivemos en Dublín, os sábados ou domingos, podes facer turismo, nos fomos a Malahide, Howth, Limerick no condado de Clare, aos Cliffs de Moher, Belfast, e como non recorrer o centro de Dublín mil veces, sempre atopas algo novo, o parque de Phoenix está moi ben para pasar o día e perderte.
En resumidas, recomendo a todo o mundo que se vaia, que viaxe que é como se aprende, coñecendo a xente e culturas diferentes. Viaxa.
Sem comentários:
Enviar um comentário