Visitamos a estación de tren de São Bento, que destaca principalmente polas escenas históricas representadas nos azulexos das súas paredes.






Tamén visitamos o mercado de Bolhão, que por mala sorte está en reforma. Fomos a ver o centro comercial que serve de lugar provisional e, entre todos os postos de comida, bebida e souvenirs, conseguimos atopar unha boa cervexa.
Tentamos ir á cafetería Café Majestic, coñecida por ser o lugar de encontro de moitos escritores e artistas, pero foi imposible xa que estaba cerrado debido a un mitin político do partido PCP-REV. Non todo é malo xa que vivimos cerca do mercado de Bom Sucesso.


As fotos da estación preciosas. Espero que disfrutedes a vosa estadía, da que xa só vos quedan dúas semanas.
ResponderEliminar