quinta-feira, 16 de maio de 2019

Seguimento da FCT - Primavera de 2019


Na primavera de 2019 once alumnos do IES San Clemente disfrutan dunha beca Erasmus+ para realizar prácticas no estranxeiro.
Tres alumnos realizan estadías para recén titulados:
  • SMR: Alejandro Buján en Turín (Italia).
  • ASIR: Pablo Pérez e Natalia Soto, no Porto (Portugal).
O alumno Adrián Suárez realiza prácticas extracurriculares no Porto (Portugal)
Sete alumnos realizan a «Formación en Centros de Traballo» no estranxeiro:
  • SMR: Christian Trillo e Francisco Manuel Otero en Lisboa, Beatriz Ramírez e Jorge Blanco no Porto, todos eles en Portugal.
  • ASIR: Alejandro Viño, en Dublín (Irlanda).
  • DAM: Simón García e Pablo Domínguez, en Dublín (Irlanda).
Os titores mantemos contacto por correo electrónico co alumnado e realizamos entrevistas mediante Skype, Messenger, Hangouts ou teléfono, para coñecer con detalle as tarefas que están a desenvolver nas empresas e a súa vida fóra delas. Tamén para resolver dúbidas e axudalos cando o precisan, así como realizar o seguimento do proxecto do alumnado de ciclos superiores.








Os contidos das entrevistas están sendo transcritos ao TwinSpace do proxecto.

Sem comentários:

Enviar um comentário