Xa é a nosa terceira semana no porto e estamos moi contentos coas experiencias vividas. Traballamos en wDMI, unha empresa de distribución de material informático na cal dedicamonos ao embalaxe e limpeza de equipos, instalación de software e comprobación do seu correcto funcionamento.


Temos moi boa relación con todos os traballadores da empresa e axúdannos en calquera dubida que teñamos.
Tamén temos unha zona para comer e descansar durante o tempo libre, acompañados sempre de algúns non tan traballadores...
Aínda non tivemos moito tempo para ir coñecer o Porto xa que na nosa segunda semana aquí voltamos para Galiza durante o fin de semana, pero estamos desexando facer turismo pola zona.
Como vedes tamén fomos de festa polo centro do Porto con eles, é unha cidade moi activa de noite
todos os días da semana. Hai unha gran cantidade de locais aos que ir e pasar unha boa noite.
Obrigados! Desfrutem de tudo tanto como desfruta o gato! :-D
ResponderEliminar