Boa tarde a tod@s,
Como se soe dicir mais vale tarde que nunca... Vou comezar por presentarme, chámome Guillerme e realicei practicas en Manchester concretamente na empresa Volcanic. A verdade recomendo a experiencia pois no meu caso e despois xa dun tempo sego aquí, contratado pola empresa e aprendendo todo os dias un chisco mais.
Xa falei na guía un pouco respecto da cidade pero aparte de ser famosa por ser unha capital de fútbol a nivel mundial, a nivel cultural e musical non se queda atrás, sen ir mais lonxe os Rolling estiveron aquí o mes pasado. A calidade de vida ( prezo vivenda, transporte ) e bastante asequibel e considero que persoalmente e un bo lugar onde realizar as practicas.
Calquera dubida non dubidedes en contactarme coido que seguirei por aquí por un tempo.
Saúdos compañeir@s
Guillerme
P.D Ahí var un par de fotos.
Thanks a lot!
ResponderEliminar