Estou coñecendo a moita xente nova na miña residencia!
Son todos de diferentes paises: Italia, Francia, Xapón, España...
En estas duas semanas fixemos moitas cousas xuntos:

O primeiro sabado que estiven en portugal fomos a unha escape room do centro da cidade, non conseguimos escapar a tempo xa que era moi dificil pero deixaronnos seguir co xogo ata conseguir rematalo.
A experiencia foi xenial ademais de moi divertida xa que cos nervios a todos se nos escapaban frases no noso idioma e ninguén se lograba entender.
Recomendollo a todos os que visiten Oporto!

O día do eclipse lunar fomos ata a praia acompañados de unhas pizzas. Facía algo de frío pero foi unha experiencia inolvidable!

O día seguinte (sábado) fomos xogar ao paintball todo o grupo de amigos que temos na residencia. Pasamolo xenial xa que xogamos a moitos modos de xogo diferentes e todo se decidiu no último xogo, no cal todos estabamos nun campo moi pequeno e tiñamos que pintar a todo o equipo inimigo.
Estou desexando volver!



Muito obrigados!
ResponderEliminar