Durante estes catro días mantivemos reunións sobre diversos aspectos organizativos:
- Sistema educativo irlandés e español (centrado da Formación Profesional).
- Prácticas do alumnado en Compostela e no estranxeiro (Erasmus+).
- Aproveitamento dos recursos de eTwinning.
- Desenvolvemento das seccións bilingües en inglés.
- Funcionamento das plataformas de ensino a distancia (Bacharelato/ESA e FP).
- E sobre todo, administración do sistema informático do IES.
Hashmit tamén realizou unha pequena presentación para o alumnado de ASIR: Cape Town to Dublin, to Santiago de Compostela and beyond..., falando sobre tres cidades fermosas (segundo as súas palabras), sobre a infraestrutura informática do seu centro e sobre os seus planos para mellorala.
A día de hoxe, catro ex alumnos deste ciclo realizaron a súa FCT no CDCFE baixo a súa supervisión, feito polo que lle estamos moi agradecidos. En varias ocasións louvou a boa formación e actitude do alumnado de ASIR e a súa vontade de impulsar futuras prácticas nos Colleges de Dublín.
Foi un inmenso pracer ter entre nós o Hashmit e desexamos que a colaboración entre o CDCFE e o noso IES se intensifique a raíz desta experiencia.