A miña situación: A empresa a que fun asinado chámase Ondisc, localizada en Rio Tinto, pertencente ó concello de Gondomar, municipio da área metropolitana de Porto.
Transporte: Decidín alugar un cuarto preto da empresa, polo tanto, non estou a vivir no centro mesmo, mais Porto é unha cidade moi ben comunicada cando terminas de entender o sistema que teñen de transportes (un pouco complicado de entender a primeira vez que cho explican). Basicamente está dividido en zonas, e segundo de cal a cal viaxes contando polo número de zonas polas que tes que pasar, debes ter un tipo de tarxeta ou outra. O bo de ter esta tarxeta, e que podela empregar tanto para metro, bus ou tren indistintamente, tendo unha hora para facer transbordos unha vez que valides a viaxe por primeira vez. O transporte urbano non é especialmente barato, pero podes aforrar uns poucos céntimos utilizando a tarxeta Andante.
Estación de tren de Rio Tinto
Cidade do Porto.
Pode parecer que Porto é unha cidade pequena nun principio, pero Grande Porto é inmenso. O coñecido como o Centro pódese percorrer en un fin de semana sen problema. Estación de Sao Bento, a Catedral Sé do Porto, Praza da Ribeira, Ponte Luís I ou Clérigos, Palacio da Bolsa, Aliados... están moi pretos entre si. Pódense visitar a pé o longo do día sen perda ningunha.
Vistas desde a Catedral, Rúa de noite, Estación de Sao Bento e Aliados.
Mais outros lugares tamén turísticos coma A Casa da Música, o Palacio de Cristal, Parque da Cidade, Castelo do Queijo, Serralves están as aforas, un pouco lonxe para ir a pé, tentar ver algo e voltar do mesmo xeito.
Rotonta de Boa Vista coa Casa da Musica de fondo. Cemiterio de Agramonte
Non poden faltar tampouco sitios de Porto como Matosinhos, Foz ou Vilanova de Gaia.
Igrexa de Matosinhos durante as Festas do Senhor de Matosinhos.
Nin tampouco se pode un esquecer de falar das moitas moitas moitas igrexas que se atopan en cada esquina da cidade.
Capela das Ánimas
Vida e xente de Porto
Rematando non podía faltar a mención a típica Francesinha, unha especie de sándwich recheo de varios tipos de embutido portugueses como salchicha, xamón, queixo, e unha salsa algo picante que ten como base tomate e cervexa. Nin tampouco os pasteis típicos da zona.
Un dos deportes rei, é o hóckey. Tiven a oportunidade de desfrutar dun partido en Valongo onde puiden ver a inmensa afición que xera este deporte nestas terras.
Para rematar con este resumen do meu primeiro mes de prácticas en Porto, non podo esquecer falar da calor que da a xente da cidade ca sua hospitalidade. Unha xente que che recibe cos brazos abertos e non lle importa compartir o seu fogar contigo.