De visita por Dublín e arredores
Perante a estancia en Dublín realizáronse actividades co alumnado para coñecer arredores de Dublín e así visitar costa ao sur de Dublín (Bray, Killiney, Dalkey e Dún Laoghaire) así como participar no ambiente creado na noite do sábado 23 de maio con motivo da celebración de que Irlanda aprobara mediante referendo modificar a súa constitución para aprobar o matrimonio entre dúas persoas sen distinción de sexo.
De Dublín partimos cara sur por medio do DART (Dublin Area Rapid Train). Visitamos:
Bray
É unha pequena cidade costeira con cerca de 30.000 habitantes. É a penúltima parada da liña cara o sur. É ideal para pasear polo seu paseo de beiramar e gozar do bo tempo tomando un xeado:
https://en.wikipedia.org/wiki/Killiney
Despois desprazámonos en DART até a vila de Killiney para dar un paseo por casas de famosos artistas, como a de Bono de U2:
E veciños:
Dende aí iniciamos o ascenso á Colina de Dalkey (Dalkey Hill) dentro do parque de Killiney. Hai que ir con algo de reservas enerxéticas pois o paseo merece a pena.
Realizamos o descenso até Dalkey ... camiñando.
Dalkey
https://en.wikipedia.org/wiki/Dalkey
Neste bonito pobo viviu perante un tempo o escritor James Joyce. En Dalkey escribiu o primeiro capítulo da súa obra mestra Ulysses.
Dalkey é un pobo moi bonito para pasear, con casas con moito colorido. Tamén é un lugar apropiado para comer:
De regreso no DART para Dublín paramos en
Dún Laoghaire
Nesta vila de case 40.000 habitantes é de onde saen as principais rutas marítimas que unen Irlanda con Reino Unido.
Alí vimos como o Deportivo mantiña a categoría na primeira división xogando contra o Barcelona.
Dublín
En Dublín foron varias as veces nas que se quedou para compartir a evolución das prácticas e case sempre ao redor dunhas pintas de comida típica irlandesa:
Nunha das ocasión quedamos coa Profesora Dra. Inmaculada Arnedillo no Trinity College nun dos pubs típicos nos que se reúnen os dublineses ao saír do traballo: The Bank (20-22 College Green en fronte ao Banco de Irlanda).
Para aos que lles gusta a sidra ... unha das marcas favoritas dos irlandeses é Bulmers!
Noutra das ocasións tivemos a sorte de participar no ambiente que se creou o sábado 23 de maio cando xa se coñecía que YES vencera ao NO no referendo realizado para incluír na constitución irlandesa que o matrimonio podería realizarse entre 2 persoas de calquera sexo.
Este vídeo é unha pequena mostra do ambiente que se viviu aquela noite.
Pola miña parte agradecer a Sebas, Diego, Xesús e Javier os momentos compartidos e sobre todo ver como ían desenvolvendo as súas prácticas con soltura e profesionalidade.
Carlos Carrión
Magnífico artigo!
ResponderEliminarMoitísimas grazas, Carlos!