sexta-feira, 25 de outubro de 2019

Job Shadowing de persoal do Lycée des Métiers Louis Blériot

Entre o 21 e o 25 de outubro de 2019 recibimos a dez profesoras e administradoras do Lycée des Métiers Louis Blériot, de Trappes, Francia.

O IES San Clemente e este centro cooperan desde hai dez anos, principalmente no proxecto eTwinning Pek, a Pulga Viaxeira. Tamén recibiron os nosos alumnos gañadores do premio Move2Learn, Learn2Move.

 
Os dous fundadores das últimas edicións do proxecto Pek

Murièle con un dos resultados tanxibles do proxecto Pek

Nesta mobilidade, o persoal do Lycée tiña moito interese en coñecer o noso sistema educativo, a nosa organización, e en especial o funcionamento das ensinanzas telemáticas ESA e Bacharelato para persoas adultas.



Durante estes cinco días mantivemos reunións sobre diversos aspectos organizativos:
  • Sistema educativo francés e español.
  • Prácticas do alumnado en Compostela e no estranxeiro (Erasmus+).
  • Aproveitamento dos recursos de eTwinning.
  • Funcionamento das plataformas de ensino a distancia (Bacharelato/ESA). 
  • Orientación escolar. 
 



Tamén asistiron a varias titorías web e presenciais co profesorado da ESA e Bacharelato.



Tamén fixemos unha pequena visita guiada á cidade, xunto co profesorado do Colaiste Dhulaigh College of Further Education que tamén estaban participando nunha mobilidade de Job Shadowing no IES San Clemente.


Foi un inmenso pracer ter entre nós estas profesionais do ensino e desexamos que a colaboración entre o Lycée e o noso IES se intensifique a raíz desta experiencia.

Tamén queremos agradecer efusivamente o profesorado do IES San Clemente que colaborou neste job shadowing.

Participantes do Lycée, CDCFE e IES


Sem comentários:

Publicar um comentário