segunda-feira, 28 de outubro de 2019

Job Shadowing de persoal do CDCFE de Dublín

Entre o 21 e o 25 de outubro de 2019 visitáronnos Ann Kennedy e Michael Mc Cann, ambos profesores de informática no CDCFE (Colaiste Dhulaigh College of Further Education) de Dublín (Irlanda) e a súa directora, Mary Hickie. Estaban interesados principalmente en coñecer o modelo de educación a distancia implementado no noso centro.

Algunhas das actividades realizadas durante estes días son:
  • Mostrámoslles o funcionamento da educación a distancia na FP, xunto coa plataforma online utilizada.
  • Invitámolos a asistir ás nosas clases presenciais, mostrándolles a operativa e a infraestrutura informática.
  • Visitaron o noso centro de datos, no que lles explicamos como se leva a cabo a administración do sistema informático.
  • Prácticas do alumnado no estranxeiro no marco do programa Erasmus+.
  • Exposición detallada do ensino a distancia na ESA e no Bacharelato.
  • Sala de grabación. 
  • E máis...


Ann Kennedy e Michael Mc Cann tamén realizaron as seguintes presentacións nas que explicaron un novo modelo educativo semipresencial que están implementando no seu centro e o enfoque que usan para preparar ó seu alumnado na busca de emprego:

  • “Blended learning for MOS”, Ann Kennedy.
  • "Skills and Goals for Work”, Michael McCann.




Intercambiamos ideas que nos servirán para mellorar os nosos modelos educativos e a calidade do
ensino que impartimos nos nosos centros.

Reforzamos a colaboración para que o alumnado do noso centro poida realizar as prácticas en Dublín e para que o seu alumnado veña realizar as prácticas a empresas da nosa cidade.

Tamén tivemos tempo para realizar unha pequena visita á cidade.


Foi un inmenso pracer ter entre nós a estes profesionais do ensino e desexamos que a colaboración entre o CDCFE e o noso IES se intensifique a raíz desta experiencia.

Tamén queremos agradecer efusivamente ó profesorado do IES San Clemente que colaborou neste job shadowing.
 




 



Sem comentários:

Publicar um comentário