sexta-feira, 24 de fevereiro de 2017

Job shadowing Batalha (Portugal) - 13 ao 17 Feb. 2017

En Batalha fixen o meu segundo Job Shadowing, toda unha experiencia!! Batalha é unha vila superbonita, con moitísima historia. Este é o mosteiro da Batalha, que é patrimonio da Unesco.
Resultado de imagen 

Este puebleciño atópase a medio camiño entre O Porto e Lisboa, moi preto de Nazaré, e Fátima.

O meu Job Shadowing en Batalha foi no Agrupamento de Escolas da Batalha, onde basicamente concentran as escolas de infantil, primaria e secundaria nun mesmo sitio. Case 2000 alumnos e 200 profes están a convivir diariamente nas instalacións da escola. Esta é a web do centro por se estades interesados: http://esbatalha.ccems.pt.

Miguela Fernandes e Marco Neves, son dous profes da área de informática desta escola. Eles foron os que me amosaron todos os detalles de como funciona esta megaescola, Marco este ano está a traballar cos alumnos do último curso de informática. Durante a estancia me estiveron a amosar os seus proxectos de final de curso. Proxectos que teñen que desenvolver durante todo este ano, e proxectos moi interesantes, os que máis me gustaron foros os relacionados coa tecnoloxía Arduino, sistemas para medir condicións de plantacións en canto a PH da terra, ou humidade coa plataforma web, ou sistemas para xestionar as camas dun hospital tamén integrados con sensores de Arduino e monitorización cando un paciente necesita asistencia. Isto os alumnos de último curso, pero Miguela dá clase de Redes, e durante esta semana estaba co protocolo IP e o WireShark, ensinándolle aos rapaces como se capturan paquetes da rede.

Estes son Miguela e Marco comigo, dentro dos edificios de aulas.