segunda-feira, 14 de dezembro de 2015

Estancia Dublin



Rematada xa a miña estancia no territorio irlandés, a mellor palabra para describir a miña experiencia é incrible. Tanto no traballo como na maneira de vivir alí. Está á altura de grandes cidades de Europa. Hai moitas cousas que se pode facer en Dublín, desde pasear polas rúas máis importantes, que están cheas de xente, a correr polos parques ou usar a bicicleta como medio de transporte.

O que puiden ver do estilo de vida da xente irlandesa é que pola semana gústalles traballar e rematar a sua xornada, facendo cousas na casa ou tomar un aperitivo ou unha bebida nos pubs e restaurantes pero algo light. Durante o fin de semana os pubs, restaurantes e centros comerciais soben o número de clientes.

O meu centro de traballo foi Colaiste Dhulaigh of Futher Education, en definitiva un colexio con moitas ramas de estudos, dende perruquería, deseño gráfico, até turismo. Teñen 3 centros repartidos pola zona norte, Coolock, Raheny e Kilbarrack, a miña base foi Kilbarrack, a 20 min collendo o tren de cercanías dende o centro de Dublín.




As miñas tarefas eran as de administrador de sistemas: cando comezaba a miña xornada, revisaba os equipos informáticos, que estivesen en funcionamento, conectados, etc. Ao ser un colexio, os problemas aparecían cando algún profesor ou estudante necesitaban axuda cos sistemas informáticos.




Sem comentários:

Publicar um comentário