quarta-feira, 16 de dezembro de 2015

Estancia Dublin Erasmus 2015

A miña experiencia de Erasmus en Dublín pódese resumir en que tres meses non dan para nada. Unha vez chegas a Dublín, encóntraste unha cidade moi grande e extensa, en movemento e que te atrapa nun instante; un pouco agobiante os primeiros días se non estás afeito o ritmo de vida das grandes cidades.

O peor sen dúbida da cidade é o aloxamento. Rendas terriblemente caras para poder vivir nun piso que non é nada do outro mundo, pero digno, ou non tan caras para poder vivir nunha habitación nun piso compartido por unha ducia de persoas en situacións precarias. Ir a axencias non funciona, xa que che mandan enviar emails aos caseiros, e xeralmente non soen responder. O que mellor funcionou no meu caso, foi unirme a grupos de Aloxamento de renda en Facebook.

No tema da comida non hai queixa. Os supermercados como Lild ou Aldi teñen prezos parecidos ou un pouco mais baratos ca os de aquí pero non é da mesma calidade, iso si. O transporte na cidade está bastante ben. O Luas chega os sitios mais concorridos e pasa cada 5 minutos, e se non sempre está a opción do autobús, aínda que este e un pouco mais caro, os chofer non dan cambio e non aceptan billetes...


Irlanda é un país que ten moitos lugares para ver. Practicamente non tes tempo para gozar de todo o que che pode ofrecer, pero unha opción bastante boa son os tours turísticos que ofrecen as moitas compañías de buses que hai alí. Belfest, Galway, Cork, Dublín... Tres meses non chegan a nada.

Tamén son moi distintos os horarios que se levan alí. Practicamente polas noites sáese á rúa ás 8 da tarde e volvese como moi tarde as 2 da mañá. Sobre o idioma, realmente pensaba que falaría mais inglés do que falei. Dublín está cheo de hispanofalantes, pola rúa, nos restaurantes, nos bares... mexicanos, brasileiros... Non tes unha necesidade imperiosa de falar inglés se non queres, xa que podes falar sen problema en castelán. Depende de ti.

Unha cousa que mencionar dos Irlandeses é que son moi carismáticos e xentís. Dáste de conta das veces que podes chegar a escoitar "sorry" en Irlanda cando chegas a España e aquí non escoitas nin o primeiro.

No tema da empresa, cada un terá a súa opinión e experiencia. A miña en MentorPitch foi moi boa, pero cando estaba empezando a ser realmente útil para á empresa, rematou o período de practicas. En resume, cando te afás o ritmo da cidade, e estas asentado, o Erasmus remata. Non tiveches tempo de facer todo o turismo que che gustaría nin melloraches tanto como pensabas en inglés e xa tes que retornar, pero lévaste unha experiencia incrible e moitas ganas de volver e o desexo de que o Erasmus durase como mínimo seis meses ou o ano enteiro.

Sem comentários:

Enviar um comentário