sexta-feira, 30 de abril de 2021

Prácticas de empresa do alumnado da AE Carlos Amarante



O IES San Clemente e a AE Carlos Amarante de Braga estableceron unha colaboración a través do programa educativo Erasmus+.


Froito de esta colaboración, no día 26 de abril viñeron ao IES San Clemente catro alumnos e alumnas de Portugal para realizar unhas prácticas de empresas da contorna de Santiago de Compostela. Acompañandoos viu a profesora Zelia Gonçalves. Durante ese día fíxose unha pequena recepción por parte do equipo do Erasmus+ xunto coa Directora Carmen Viñas. Aproveitouse para en un momento mostrar o centro noso educativo, así como o lugar onde o alumnado realiza as prácticas.


Como parte do acollimento asignouselles unha aula con ordenadores e conexión a internet para que poidan desenvolver o seu traballo de forma telemática. Os catro alumnos e alumna de Portugal realizan prácticas desde o 26 de abril até primeiros do mes de xullo en colaboración con tres empresas de Santiago de Compostela.


Posteriormente a profesora Zelia foi convidada a realizar unha pequena visita á cidade coa axuda da nosa profesora Marisol que moi amablemente fixo de guia turística na catedral e na zona historica.


En definitiva, foi un inmenso pracer ter entre nós a esta profesional do ensino e desexamos que a colaboración entre o AECA e o noso IES se intensifique a raíz desta primeira experiencia. Esperamos tamén que o alumnado procedente desta escola disfrute da súa estancia e poida aprender moito.






Sem comentários:

Enviar um comentário