domingo, 8 de novembro de 2020

 Seguimento da FCT - Outono de 2020

No outono de 2020 os alumnos do IES San Clemente tiveron a oportunidade de disfrutar dunha bolsa Erasmus+ para realizar prácticas no estranxeiro.
Por mor da pandemia do Covid-19 e todo o que iso implica, apenas catro alumnos de dous ciclos diferentes puideron realizar as estadías correspondentes á Formación en Centros de Traballo no estranxeiro:
  • SMR: Teresa Oropeza, Alejandro Lema e Kevin Camarena, no Porto (Portugal).
  • ASIR: Ángel Mosteiro tamén no Porto (Portugal).

Os titores mantemos contacto por correo electrónico co alumnado e realizamos entrevistas mediante Skype, Messenger, Hangouts ou teléfono, para coñecer con detalle as tarefas que están a desenvolver nas empresas e a súa vida fóra delas. Tamén contactamos con eles para resolver dúbidas e axudalos en calquera cousa que precisan. Ademais, e como tarefa complementaria os titores realizamos o seguimento do proxecto do alumnado de ciclos superiores.




 

 

Os contidos das entrevistas, tanto do alumnado como dos titores nas emresas están sendo transcritos ao TwinSpace do proxecto.

Sem comentários:

Enviar um comentário