Velaquí a miña derradeira entrada no blogue! Mañá mesmo remato as prácticas e xa me tarda coller o avión para voltar á casiña! Andabame a demorar co último post e a verdade é que non tiña moito máis que comentar, non por falta de ideas senón porque as miñas publicacións caracterizábanse pola DENSIDADE. De maneira que en homenaxe a esta tradición, ocorréuseme falarvos dun concepto que ven sendo un dos pilares teóricos que estudei en Socioloxía, o da construción social, en base a un libro importantísimo dos sociólogos Peter Berger e Thomas Luckmann, "A construción social da realidade".
Bueno! Xa que hai que falar de algo, que sexa de algo interesante non?
Unha construción social é básicamente todo fenómeno social que ocorre dentro dunha cultura ou sociedade particular. O peculiar destes fenómenos é que son concebidos como algo natural, intrínseco, incuestionable. Sen embargo, son produtos e invencións sociais, que son tamén, produto dun sistema, dunha sociedade, dunha cultura, e dun momento histórico determinado.
A un nivel máis profundo, a propia realidade tamén é un constructo social, xa que é básicamente unha percepción externa a nós, e o coñecemento é a información sobre esos fenómenos externos. Porén, a relación entre realidade e coñecemento conforma o corpo de coñecemento dun fenómeno concreto, o que se concibe socialmente como "realidade".
As teses fundamentais deste libro son dúas, primeiro, que a realidade constrúese socialmente, e segundo, que a socioloxía do coñecemento debe analizar os procesos polos cales isto se produce.
Nós mesmos podemos ver como tódalas interpretacións da realidade van mudando constantemente, o cal permite que as ideas, crenzas e institucións vaian mudando tamén.
Quen senón o capitalismo dixo que debemos vender a nosa forza de traballo para poder sobrevivir, ou que debemos respectar aos nosos xefes, ou sequera que debemos sentirnos afortunados por ter traballo? Quen dixo tamén que debamos aceptar as redes sociais como unha maneira inevitable de relacionarnos entre nós, quen dixo que debamos facer o mesmo que fai o resto da xente, ou que teñamos que sentirnos "incompletos" por non ter parella, quen dixo sequera que debamos aceptar o capitalismo como un sistema aceptable ou inevitable? Aqueles mesmos que din que o egoísmo, a avaricia, a corrupción, o individualismo.. están ligados á nosa "natureza humana" e por tanto, teremos que aceptar vivir con isto.
En que momento e baixo que cultura, sociedade ou sistema o dixeron?
Imaxinádesvos contándolle todas estes fenómenos que conforman a nosa realidade social.. a un membro dunha tribu amazónica? A cara que poría!
Moitas veces tocaranos transitar un camiño pre-establecido e isto fará que nos cuestionemos cada vez máis que é o que facemos e por que o facemos. E así ten que ser, a realidade social vai avanzando e evolucionando constantemente. Non existe tal cousa como a "estabilidade", xa que é outra construción social que nos suxire unha vida sen aparente cambio e movemento. Sen embargo a vida é cambio e movemento constante!
Teremos que percorrer ao longo da nosa vida moitos máis camiños para saber cales nos gusta máis transitar, para saber onde nos atopamos máis satisfeitos. Teremos que viaxar moito e perdernos, coñecer unha chea de xente, unha morea de experiencias, nunca pechar as portas a nada e contemplar o mundo coa mente aberta e sobretodo, moito entusiasmo e actitude.
Como? Que a vida non é iso? E quen o dixo? en que momento histórico? baixo que cultura, sociedade ou sistema?
Todo é unha construción social!
Na nosa sociedade precisamos xente culta, que lea, reflexione e saiba expresar as súas ideas tan ben coma ti. Moitas grazas polo teu artigo.
ResponderEliminarMoitas grazas pola túa colaboración.
ResponderEliminarEstou dacordo en que todos deberíamos ter unha visión mais crítica aobre as imposicións que nos veñen impostas polo sistema, e non aceptar todo "porque ten que ser así". Valoro enormemente a túa facilidade para expresarte por escrito, e penso que é un dos camiños que deberías explorar.
Por último, penso que a libertade de expresión non se coarta por intentar aconsellar que se adecúe a linguaxe ás situacións, lugares e interlocutores aos que nos diriximos. Isto non creo que sexa outra imposición do sistema, a de non poder expresarnos cos mesmos termos en calquera situación, senon unha cuestión "práctica".
De novo, moitas grazas.