sábado, 3 de junho de 2017

A esmorga por Dublin

Dublin como xa vos contei e unha cidade un tanto peculiar, pero a hora de sair de festa e ainda máis,
o certo e que unha noite de festa comeza a eso das 19:00-20:00 , donde te dirixes ao pub e intentas seguirlle o ritmo aos Irish, seguirlle o ritmo a cervexas e polo menos un reto que moi pouca xente consegue, eso si, a cubalibres os galegos somos campions internacionais, non temos rival posible.





As zonas para sair de festa son basicamente o centro da cidade, nas aforas tes algun que outro pub, pero nada que ver co ambiente que podemos atopar no centro da cidade.

Os denominados pubs son o que chamamos na lingua de breogan cervexerías, os locais de música son coñecidos como "night clubs", os cales finalizan o seu culto ao magreo as 2:30-3:00. Unha cervexa ronda os 7€ e unha bebida espirituosa 10€.



Logo do feche dos locais a xente toda retirase a algunha vivenda e continuase coa festa ali ata altas horas da madrugada, ou ben podes voltar para a tua morada, un taxi dende o centro da cidade (temple bar) ata a casa na que me atopo (artane) ten un prezo de 20€ aproximadamente.




En irlanda todo esta máis caro, pero o gañador ao prezo desorbitado é para o alcohol, en calquera supermercado da nosa terra podemos adquirir unha botella de unha bebida espirituosa (marca blanca/veleno) por uns 5€ a máis barata, mentres que aqui esa mesma botella chega aos 22€


1 comentário:

  1. You are in the capital. Taxis are not that expensive in other cities in Ireland. They are the same price as in Spain.
    I hope you enjoyed a lot your stay. Irish are very friendly people and they know how to go out and have fun.

    ResponderEliminar