terça-feira, 30 de maio de 2017

Job Shadowing de Giuseppe e Mauro

Entre o 22 e o 24 de maio de 2017 recibimos a Giuseppe Varalda e a Mauro Bogliaccino, da Fondazione ITS per l'ICT Piemonte de Turín, Italia.

Explicáronnos que a FP en Italia, tradicionalmente, foi impartida en institucións privadas sen ánimo de lucro de carácter relixioso.

O ITS é parte dunha grande fundación e é relativamente recente. Os primeiros cursos (todos de nivel 5) comezaron no ano 2010. O currículo é flexible, adáptano dun ano a outro ás necesidades das empresas, mesmo poden desaparecer cursos e crear outros se o mercado se satura, por exemplo.






Para manter o financiamento público precisan unha porcentaxe de titulados por curso e unha porcentaxe de ex alumnos empregado en traballos relacionados cos seus estudos despois dun ano de os finalizaren.

Aseguraron que os seus cursos de Informática obtiveron os mellores resultados de Italia:
  • Interacción e deseño visual: dispositivos móbiles e web.
  • Desenvolvemento web e de aplicacións móbiles: HTML5, CSS3 e Javascript; Android e iOS.
  • Servizos backend integrados: .NET, Java, PHP e NodeJS; SQL e NoSQL.
Presentación sobre o ITS


Durante estes tres días asistiron a varias clases e mantivemos reunións sobre diversos aspectos organizativos, por exemplo: Erasmus+, eTwinning, FCT, plataformas de ensino a distancia e administración do sistema informático do IES.





Foi un pracer ter entre nós estes dous colegas dos que aprendemos moito. Sen dúbida este foi un punto de partida para futuras colaboracións entre os dous centros de ensino.

1 comentário:

  1. Foi moi interesante coñecer como funciona a FP en Italia e, concretamente o ITS. O intercambio de ideas moi beneficioso.

    ResponderEliminar