Boas de novo,
Aloxamento:
No tema de aloxamento en Dublín, é algo complicado, o mellor que podes facer e vir a Dublín e buscar aloxamento dende aquí, chamar por teléfono e ir ver a casa. No meu caso, como xa contei, a primeira semana estiven nun albergue no centro da cidade, facendo o anteriormente comentado, atopei unha casa "cerca" de onde se atopan os meus lugares de traballo (a 20-30 minutos andando). Estou hospedado en Artane, concretamente en Kilmore Road, na que pago por unha habitación 600 euros o mes, é unha cifra desgraciadamente moi normal por esta zona de Dublín, podes atopar algún anuncio de 400 euros como mínimo, pero o que non che quitan por un lado, quítancho polo outro, terías que pagar facturas a parte, cumprir unha serie de normas e se non che gustan, "carretera"...
Unha casa pequena que conta con todo o necesario
O día a dia no traballo:
Os primeiros días foron un pouco toma de contacto, ver o edificio, todo o que ali se atopa, infraestrutura e todo iso, a partir de ai, convertinme no "IT support" do campus no que estou normalmente (CDCFE Raheny), son o encargado de todo elemento informático do centro, nada mais chegar comprobar que todo funciona, se algo non funciona arranxalo o antes posible, desgraciadamente a unha impresora cainlle demasiado ben, e non paraba de estragarse esperando a que eu a fose a visitar e darlle uns mimos.
Aparte diso levo a cabo tarefas de creación de imaxes dos equipos, cambiar o cableado da rede do centro, levantar un par de servidores para empregalos co software Deep Freeze, instalar o sistema de impresións nun equipo táctil, e posteriormente proceder a sua colocación na zona onde se atopan as impresoras, agora que rematou o curso, substituír os equipos por outros novos, instalando o S.O. a partir dunha imaxe creada previamente por min.
De vez en cando vou a outros campus e realizo instalacións de servidores, comprobar a subrede, repararon de equipos, etc etc...
Actividades:
No tempo que estiven aquí, na primeira semana, como me atopaba no centro, visitei canto recuncho había do centro da cidade, agora céntrome máis en saír fora de Dublín e visitar outros lugares. De momento fun a Galway e Malahide, e ando planeando visitas a Giants Causeway, Beltfast e os famosos acantilados onde John San Pedro tivo o seu tráxico accidente.
Saúde:
O clima de Dublín é moi peculiar, e cambia drasticamente en cuestión de minutos, de facer un sol que pela a granizar, isto implica que enfermes en tempo de nada, por sorte simplemente tiven unha catarreira, que nun par de días desapareceu do meu corpo.
Preto de onde vivo hai un hospital, asi que se tenho algún problema, debo acudir ali coa tarxeta sanitaria europea e listo, estaría cuberto coma un irlandés mais.