O colexio está situado na zona norte da cidade, que é onde se atopa o barrio de Coolock, e teñen múltiples titulacións relacionadas coa informática.
Esta e a entrada principal ao centro, e o bus que che deixa na entrada e te baixa a cidade e o número 27, iso si, os horarios non sempre coinciden cos que están marcados no tabuleiro, e non vos fiedes tampouco dos minutos que faltan para que chegue o bus.
Durante a miña estancia, Gavin, o profe de redes (foto de abaixo), estivo a ensinarme como imparten as súas clases. Dentro da sua titulación, imparten formación Cisco, coa cal despois poderás obter un certificado oficial da casa. A media de idade do alumnado ronda os corenta anos, moitos dos alumnos son persoas que foron a reciclarse a través da formación en novas tecnoloxías.
Moitas empresas danlle permisos aos empregados para se reciclar con cursos tan completos como os que imparte Gavin, e permítenlles aos traballadores traballar pola tarde e atender a clases pola mañá.
Durante a miña estancia, vin como eran as probas de Skills, a través das cales os alumnos tiñan que mostrar as súa valía, estaba limitada en tempo, e utilizaban cámaras de vídeo para observar como os alumnos facían as súas probas.
Aquí abaixo, con Mary a directora do centro, e con Gavin, moi amables os dous, así que estades de paso por Dublín, xa sabedes un sitio máis que visitar!
Moitas grazas, Víctor, por crear lazos co CDCFE e por compartir a túa experiencia!
ResponderEliminar