sexta-feira, 9 de outubro de 2015

Seguimento das prácticas no estranxeiro - outono 2015

Seis alumnos do IES San Clemente están a realizar a súa FCT no estranxeiro, grazas ás bolsas "erasmus.es" do MECD, dentro do programa Erasmus+ KA103.

Por unha banda temos a José Manuel Rozas en Berlín e pola outra a Adrián Cabo, Luis Morais, Martín Galante, Álvaro Veiga e Víctor García en Dublín, estudantes de ASIR, DAM e DAW.



Hoxe comezamos coas titorías por vídeo conferencia onde explicaron con detalle as tarefas que están a desenvolver nas empresas e a súa vida fóra delas.


Sem comentários:

Enviar um comentário