quinta-feira, 13 de novembro de 2014

Vivir en Dublín


Voume tomar a licencia de escribir en galego nesta miña primeira incursión no blogue...

A miña primeira impresión de Dublín foi que é unha cidade moi cara!!!! conseguir vivenda é case que unha misión imposíbel... por iso eu recomendaríalles a aqueles estudantes que queiran vir de Erasmus a Dublín que escollan a opción de acollida en familias ou compartir piso, pero esta opción ten que ser unha vez se estea aquí, hai que ir a ver os pisos porque hai moito 'tongo', poñen unhas fotos mais ou menos decentes e cando te achegas a velos, están sucios e en malas condicións.

Eu por unha cuestión persoal tiven que optar por alugar unha vivenda sen compartir, ou sexa máis difícil aínda, o cal non foi unha tarefa sinxela nin moito menos, por non falar do prezo... a bolsa xa case non chega nin para o primeiro mes, supoño que o feito de que Dublín teña máis dun millón de habitantes ten moito que ver, xa que non hai vivenda para todos!!

Outra cousa é falar das prácticas na empresa, por este lado francamente ben e é altamente recomendable a experiencia, tiven unha acollida e un trato excelente e tódalas facilidades para integrarme e aprender o idioma.

A amabilidade en xeral, é un rasgo distintivo dos irlandeses, son xente moi 'friendly', ainda que aquí en Dublín case se atopa antes un español, un brasileiro, un hindú, etc... , ca un 'irish'.

Máis da metade da poboación ten menos de 30 anos o que fai de Dublín unha cidade xove, moderna e alegre.

Saúde!!!!
Sláinte!!!

Natalia Vázquez

Sem comentários:

Enviar um comentário