quarta-feira, 6 de abril de 2016

Seguemento da FCT - Primavera de 2016

Na primavera de 2016 realizan a FCT no estranxeiro 17 alumnos a través do programa Erasmus+.

Neste período foron catro os destinos escollidos polo alumnado:
  • Dublín: Esteban (ASIR) e Martín (DAM).
  • Londres: Miguel (ASIR).
  • Porto: Ángel, Eloy e Anxo (SMR).
  • Lisboa: Rocío e Gonzalo (ASIR); Brais, Luis, Pablo M., Adán, David, Félix, Manuel, Pablo P. e Joaquín (SMR).

Os titores mantemos contacto por correo electrónico co alumnado e comezamos a realizar entrevistas mediante Skype, Hangouts ou teléfono, para coñecer con detalle as tarefas que están a desenvolver nas empresas e a súa vida fóra delas.

Os contidos das entrevistas están sendo transcritos ao TwinSpace do proxecto.


.




Sem comentários:

Publicar um comentário